Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Bernardo Maiz Vázquez: Resistencia, Guerrilla, Represión no 36

Bernardo Máiz - 0003Bernardo Máiz - 0008Conferencia de Bernardo Máiz nas Xornadas “Holocausto e Memoria Histórica” no IES Félix Muriel

CRONOLOXÍA DA GUERRILLA ANTIFRANQUISTA GALEGA

  • -20/30 de xullo de 1936.- Os sublevados toman as cidades e pobos de Galiza. Gran represión. Fuxidos. Comeza a Guerra Civil.
  • Outubro de 1937.- Caída do Fronte Norte: moitos combatentes republicanos veñen agocharse ás montañas da Galiza oriental.
  • Abril/Outubro de 1939.- Fin da Guerra Civil. Accións militares contra os fuxidos. Neira da Mariña de Lugo ata Ferrol e“Gafas” no SE de Ourense estruturan a primeira resistencia organizada.
  • Abril/Novembro de 1942.- Creación da Federación de Guerrillas de León y Galicia, unitaria. Numerosos enfrontamentos armados no Leste das provincias de Lugo e Ourense e Oeste de León, e na área Ferrol-Coruña-Ortigueira-Viveiro.
  • Outubro 1944.- Invasión do Val de Arán. Coordinación en Galiza de diferentes grupos armados cara a constitución de Agrupacións Guerrilleiras vencelladas á UNE/PCE.
  • Marzo/decembro de 1945.- Xermolar do Ejército Guerrillero de Galicia, con “Marrofer” na xefatura 1946.- Gayoso e Seoane potencian a loita antifranquista, incremento de accións armadas e de propaganda. Á morte de “Marrofer” (Aranga, xuño), Manuel Ponte vai á xefatura da IVa agrupación guerrilleira Pasionaria. Organización das Agrupacións IIIa (norte e centro de Lugo) e IIa (oeste e centro de Ourense). Primeiro número de El Guerrillero.
  • 1947.- Va Agrupación (Norte de Pontevedra). Numerosos sabotaxes e eliminación de dereitistas (ata 54: gardas civís, xefes locais de FE, Alcaldes, cregos, confidentes). Disolución da Federación de Guerrillas. Os días 20-21 de abril dúcias de gardas prenderon case setenta persoas na bisbarra de Ordes, caendo entre Avellá e Fontao Manuel Ponte Xastre, Negro, Pintor, Miracielo; Manuel Díaz Pan Rogelio; Manuel Núñez Suarez?, Gundín? Asturiano, Chispas, tres guerrilleiros do Destacamento Manuel del Río Botana da IVa Agrupación Pasionaria do Exercito Guerrilleiro de Galiza, conseguindo fuxir Emilio Pérez Vilariño e Juan Couto Sanjurjo.
  • Xullo/decembro de 1948.- Caída do Comité galego del PCE e da guerrilla. Construción de bases subterráneas na área Ferrol-Mugardos-As Pontes-Coruña. A guerrilla perdeu 24 combatentes.
  • Marzo / Outubro 1949.- Caídas en Chávaga (Monforte), Remesar (Bóveda), Pazos (Monfero), da guerrilla volante ourensá … Morreron 35 combatentes antifranquistas galegos.
  • Primavera de 1950/Primavera de 1951.- Marchan a Francia os responsables da guerrilla e do PCE. Caída de bases guerrilleiras. A guerrilla perdeu 31 combatentes.
  • 1952-1955. Benigno Andrade Foucellas foi agarrotado n’A Coruña en agosto do 1952. Francisco Martínez Leira Pancho morreu nunha ciada da GC en Pontedeume o 31 de decembro de 1954. Entobados quedaron O Piloto, morto en 1965, e Varela O Curuxás, morto en 1967.

Os cambios na situación internacional, o forte activismo armado e a consecuente actuación policial levaron á guerrilla galega ao seu final, mais na década dos corenta e nos primeiros anos cincuenta a guerrilla foi en Galiza a única oposición democrática ao franquismo.

Bernardo Máiz - 0001

(BMV, O Seixo. 14 de Abril do 2016)

Como puidemos viver?
Os olhos múltiples e insones da Medusa fixos en nós á espreita.
As bocas da metralhetas apuntando-nos .
Muitos morreron, mas/non falo agora desses mortos, falo
dos que tiveron que viver morrendo entre os seus matadores, lendo na imprensa
que de lama os enchera, saudando
as insignias contra as quais militaran.
(Carvalho Calero).

Dende a memoria de cada actode guerra e de postguerra,
de tortura, de censura,/ de depuración, de exilio,
de humillación e de esquecemento
padecidos polos que sufriron sufrimos e sufrirán aínda o mal
de mil novecentos trinta e seis
/a loita continúa
Dende a memoria dos fuxidos polos mares e polos montes
e dos agachados/nos tobos clandestinos/ que se opuxeron á tiranía,
contra a represión, a loita continúa
(Claudio Rodríguez.Fer)

Mas há sempre uma candeia
dentro da propia desgraça,
há sempre alguém que semeia
canções no vento que passa.
Mesmo na noite mais triste,
em tempos de servidào
há sempre alguém que resiste,
há sempre alguém que di nâo.
(Manuel Alegre).

E lembremos, amor, aos camaradas
que rebeldes, de ferro foron, casos de extremas libertades abrasadas.
E agora pronunciemos
-Fresco, Ponte, Curuxás, Raúl, Pancho e máis Foucellas-
os nomes, meu amor e doce porto.
E lembremos ao pobo que no monte
/non tivo couto, marcos, muradelas e foi libre e rebelde.
(Méndez Ferrín)

(Ver en Rianxofala.com)

Bernardo Máiz - 0002Bernardo Máiz - 0004 Bernardo Máiz - 0005 Bernardo Máiz - 0006 Bernardo Máiz - 0007




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.