Os Contos de Beedle o Bardo é un libro escrito por J.K.Rowling, famosa polos libros de Harry Potter. Nesta obra non aparecen os personaxes da saga de magos. Pero algúns deles si que aparecen mencionados, como Dumbledore, o director do colexio de maxia Hogwarts no que estudaban os tres amigos protagonistas da exitosa saga, que neste libro fai anotacións de cada un dos contos. O nome de Hermione Granger, mellor amiga de Harry Potter tamén se menciona, como a tradutora.
Últimamente o mundo de Harry Potter volve estar en auxe grazas á película Animais fantásticos e onde atopalos. Coma no caso dos contos de Beedle o Bardo os protagonistas de Harry Potter non forman parte desta historia pois Animais fantásticos e onde atopalos comezou sendo unha enciclopedia destas criaturas que logo para adaptalo ó cine creouse unha historia. O plan é de facer cinco películas a raís desta peculiar enciclopedia.
Os contos de Beedle o Bardo consta de cinco contos con anotacións de Dumbledor e da propia J.K.Rowling aclarando estas mesmas para aqueles lectores muggles (non magos). Estes contos son fábulas, como a da formiga e a cigarra, pero para nenos magos. O Mago e o Cazo saltarín, A Fonte da Boa Fortuna, O corazón Peludo do Bruxo , Babbitty Rabbitty e a súa Cepa Carcaxeante e A Fábula dos Tres Irmáns, forman as cinco historias.
A primeira ollada parece un libro para cativos mais nas anotacións de Dumbledor desenvólvese o trasfondo das historias, como algunhas delas foron censuradas por ensinar ós nenos magos que podían relacionarse e axudar ós muggles (pois debían esconder a toda costa a súa situación de magos), os problemas que tivo o propio Dumbledor por ensinar estes contos ós seus alumnos, as cazas de bruxas no mundo muggle, o odio dos magos dirixido a estes por isto mesmo…
Esta recopilación de contos é mencionada na última película de Harry Potter e as reliquias da morte. Hermione Granger le o último relato, A Fábula dos Tres Irmáns na casa do pai de Lúa Lovegoood. Grazas a este relato descobren o que significa o símbolo das reliquias da morte (as reliquias dos tres irmáns que lles concede a Morte) e a lenda que di que quen as teña será inmortal (pois neste mundo os magos tamén poden morrer).
Nesta fábula a Morte concédelle ós tres irmáns as tres reliquias que cada un deles pediran, unha pedra para revivir ós mortos, unha variña que derrote a calquera rival e unha capa de invisibilidade para que a morte non o poida atopar nunca mentres a leve posta. Dumbledore nas anotacións fai unha aclaración de que estas reliquias non existen pois tan só é unha fábula para nenos. Mais na historia de Harry Potter Dumbledore é posuidor da variña e Harry Potter ten tamén unha cada de invisibilidade herdada de seu defunto pai.
En resumo, este é un libro para todos aqueles que a historia de Harry Potter lles deixou un bo sabor de boca e queren coñecer un pouco máis deste mundo máxico.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]