Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Castelao e a memoria histórica no Día da Paz

Día da paz-Día de Castelao-0No IES Félix Muriel celebramos hoxe luns, 30 de xaneiro, o Día da Paz ao tempo que o Día de Castelao. Hoxe Castelao cumpriría … sabes cantos anos? Para celebralo quixemos deixar nas escaleiras algunhas frases súas que reflicten o seu pensamento.

Castelao denunciou a guerra e a represión daqueles queDía da paz-Día de Castelao-1 quixeron impoñer pola forza as súas ideas. Un deses deseños é o que hoxe, Día da Paz,  preside a entrada do noso centro.

 Inauguramos tamén as xornadas da Memoria histórica. Esta supón a toma de conciencia duns feitos que ocorreron no pasado e que se trataron de silenciar. Recuperar a memoria da xente silenciada na ditadura franquista e tratala desde o respecto é outra homenaxe que lle rendemos a Castelao.

Foi o alumnado de plástica de 2º de Bacharelato o que se encargou o pasado xoves pola Día da paz-Día de Castelao-7tarde de plasmar nun grande cartaz a postal que Castelao fixo para denunciar a guerra. Hoxe mesmo quedou colocada na entrada do edificio principal do noso centro para comemorar o Día do autor rianxeiro e o Día da Paz

Tamén se colocou unha exposición polo tramo de escaleiras que sobe ata 3º na que se presentan aspectos da vida e obra de Castelao. Veñen sendo as diapositivas máis significativas dunha presentación máis ampla que se proxectou nos recreos no corredor central. No edificio anexo tamén gozan da mesma exposición colocada en cada unha das plantas e mais no corredor da entrada.

IMG_20170130_113753Día da paz-Día de Castelao-8

Día da paz-Día de Castelao-7Día da paz-Día de Castelao-3

 


Día da paz-Día de Castelao-2Día da paz-Día de Castelao-4Día da paz-Día de Castelao-6Día da paz-Día de Castelao-10


 

 

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.