Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando / Globalingualizando
Anik Nandi no IES Félix Muriel

Anik Nandi respondendo ao alumandoDéixovos aquí as miña crónica sobre a vistia realizada polo sociolingüista Anik Nandi, o pasado xoves 19, ao noso Ies.

A conferencia comezou coa presentación do mesmo por parte dunha compañeira de 2º de Bach e continuou cun ton amigable, entusiasta e sinxelo por parte do bengalí que levantou en min unha profunda admiración por este home.  A través dunhas diapositivas comparou a situación sociolingüística da India coa de Galiza e finalizamos cunha ronda de preguntas na cal ó comezo todos estabamos cohibidos, pero que pouco a pouco fomos participando, ata que finalmente o tempo resultounos insuficiente.

Aprendemos moito sobre a India e mesmo sobre a nosa terra, ó igual que nos axudou a recordar o que xa sabiamos sobre a nosa lingua. A nós chegaron malas novas sobre a situación do galego contadas a partir de vivenzas do propio Nandi ou a través de datos aportados por el.  Explicounos que debido a existencia de 5 familias lingüísticas na India e 780 linguas, soamente 22 son oficiais e que, polo tanto, unha gran parte das linguas atópanse, ó igual que o galego, en situación de despretixo e na posición de lingua minorizada. Defendeu en  todo o momento que non existe ”falar ben”, se non que existe falar, porque segundo el, ninguén é capaz de falar ben unha lingua.

A nosa curiosidade, movida as veces por prexuízos facíanos preguntarnos como un  home coma el decidiu vir a Galiza a realizar unha tese sobre o papel dos pais galegofalantes para que os nenos aprendan o galego e quedarse aquí, a sua adaptación polo que nos contou resultoulle bastante doada, xa que según el, ” somente tivo que baleirar un pouco o vaso que traía cheo da súa cultura para que collesen os costumes galegos”.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.