Por Gloria Cespón
Os Rosales son uns grandes mestres da música galega tradicional, ensinándonos as súas grandes obras. Eu especialmente sintome unha privilexiada por saber tocar algunha das súas pezas, compostas por Xosé Romero.
Os Rosales está composto por Xosé Romero e Maruxa (Órbita Eclíptica). Xosé Romero naceu en Isorna, foi carpinteiro, el mesmo fabricou a súa primeira gaita, feita cunha bexiga de porco, ten a peculiaridade de que toca a gaita do lado contrario á maioría dos gaiteiros, é un gran compositor sen saber solfexo e aprendendo todo de oído. Foi mestre en Isorna, Asados, creando unha canteira de bos gaiteiros.
Maruxa naceu en Traba (parroquia do Araño) a miña avoa xa me contaba que Maruxa xa tocaba a pandeireta e cantaba de moza,ela sempre di que foi a primeira gaiteira que andou nas festas.
Estou moi contenta de que veñan tocar ao noso instituto o próximo día 21 de decembro.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]