Imaxe de cabeceira
Música ...de aquí e de acolá / Música galega actual
Calendario musical 2017

CALENDARIO 2017-2Tal e como vos anunciabamos na nova anterior, dedicamos este trimestre a difundir o proxecto de Música en galego co que traballamos xa desde hai dous anos.

Como complemento, editamos este calendario no que incluímos parte dos cartaces que deseñamos para a exposición, destacando aos grupos rianxeiros. Aínda que o proxecto orixinario se centrou na música actual, como este curso comezamos cun traballo arredor dos primeiros grupos que cantaron en galego a partir da ditadura, incluímos xa aquí ao mítico grupo Os Rosales.

Descargar en PDF: CALENDARIO 2017-webAs láminas que aparecen no calendario son copias das orixinarias que se imprimiron en cartón pluma para a exposición. Están colocadas por orde alfabética  e a selección dos grupos e cantautores fíxoa o alumnado do ENDL.

Agradecémoslle ao Concello de Rianxo a colaboración na impresión do calendario!

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.