Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Reivindicando a ciencia en galego no IES

día da cienciaO pasado venres, 4 de novembro, desenvolvemos a nosa pequena-gran reivindicación do Día da Ciencia en galego.  Toda a rapazada do Equipo preparou nun par de días unha xornada na que primaron os cartaces que eles e elas deseñaron. Anunciábase o Día da ciencia en galego pero tamén houbo moitas cartolinas con reivindicacións máis concretas do tipo : “O galego serve para as matemáticas ou para a tecnoloxía”,  “A Física tamén a poderiamos aprender en galego”…

Por último, todo o profesorado e alumnado do ENDL levamos no peito un adhesivo no que se podía ler debaixo dunha raíz cadrada: “4 de novembro: Día da Ciencia en galego

A maiores, realizamos unha exposición de libros científicos na nosa lingua nos puntos de lectura e tamén colgamos varias copias dos cartaces do VII Día da Ciencia, deseñados por Igaciencia.  Este ano, en sintonía coa celebración no 2016 do ano Internacional dos legumes, decidiron dedicarlle  o Día da ciencia aos legumes. Moitos descubrimentos científicos xiraron arredor deste tema e o máis sobresaínte é o das leis de Mendel que as descubriu estudando a herdanza nos chícharos, razón pola cal o cartel do día da Ciencia en Galego trata o tema de Mendel e as súas tres leis.  Coma todos os anos fáiselle unha homenaxe ao un  científico galego e este ano caeu no profesor e investigador Cruz Gallástegui, xentista que conseguiu producir o millo híbrido.

Para finalizar, traducimos e expuxemos o Abecedario científico que presentamos noutro artigo




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.