Imaxe de cabeceira
Varia
A utilidade do inútil

Na actualidade o debate existente entre as Ciencias e as Letras atópase no seu máximo esplendor debido a implantación da nova Lei educativa, a LOMCE, que impide que estes novos camiños se volvan a entrelazar e crea unha fenda insalvable.

Vivimos nun mundo capitalista, marcado polo consumismo, onde cada día é mais demandado o móbil de última xeración antes que un bo libro ou película, un lugar onde a arte está infravalorada. A sociedade actual está marcada polos prexuízos fundados por autómatas, persoas que se limitan a repetir o último que dixo o político mais populista.

Debido ao marco cultural, social e histórico que vivimos, as nosas mentes, as dos estudantes guíanse por tres máximas: ” os de letras non saben sumar”; ” Nós, os de ciencias, non temos por que estudar literatura, iso para os de letras”; ” se non dás, para mixtas”. Como resultado destes prexuízos, unha persoa que saca boas notas automaticamente pasa ao itinerario de ciencias, cando a súa paixón pode ser o latín, o grego ou a economía. Esta mentalidade retrógrada, que busca a separación das dúas ramas, perxudica a sociedade.

Cada vez mais nenos e menos maduros vémonos na obriga de tomar decisións transcendentais que afectaran ao noso futuro, cada resposta outorgada péchanos centos de portas. Na actualidade atopámonos ante o panorama no cal un cativo de trece/catorce anos teña que respostar a unha difícil pregunta que afectará ao seu futuro.

Filosofía, historia da arte… materias vetadas aos de ciencias. Matemáticas, bioloxía… materias vetadas para os de letras. Que gañamos abrindo tales brechas? Unicamente xoves confusos, que tentan buscar unha saída óptima, canto menos, para o seu futuro.

As letras están infravaloradas. A arte, a historia, a música, a poesía… xa non importan en tempo de crise. Só se pensa no diñeiro. Asemella que ninguén ten en conta a útilidade da arte, a utilidade do inútil, aquilo que nos malos momentos nos distrae, nos fai botar un sorriso. Isto é o que fan as Letras, fannos humanos.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.