Imaxe de cabeceira
Sabías que...
A perda da escuridade

Na canle de Youtube da IDA, International (Dark-Sky Association), a versión galega da curtametraxe documental A perda da escuridade ( Losing the Dark ). O filme foi producido en 2013 pola IDA en colaboración con Loch Ness Productions e resume en seis minutos a diversidade de problemas asociados á contaminación luminosa e as súas posibles solucións.

VIDEO

A preparación dunha versión galega deste documental foi unha iniciativa da Agrupación Astronómica Coruñesa Ío. Da tradución do texto en inglés encargáronse Salva Bará (Universidade de Santiago de Compostela) e Martin Pawley (Agrupación Astronómica Coruñesa Ío). O traballo de locución correu a cargo de Belén Regueira, asistida na gravación de son por Xavier Facal. Marcos Pérez (Casa das Ciencias da Coruña / Agrupación Astronómica Coruñesa Ío) fixo a sincronización do audio galego co vídeo e finalmente Mark C. Petersen (Loch Ness Productions) encargouse da mestura final da locución galega coa música e os efectos de son orixinais

VER VÍDEO EN YOUTUBE




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.