Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
As linguas dun Estado “plurinacional”

Déixovos un comentario a un interesante artigo que veño de ler

0664804001276684953-os-programas-estaban-pensados-para-nenas-e-nenos-que-apenas-tenen-contacto-coa-lingua-do-paisAs pertinentes e constantes chamadas telefónicas dunha empresa de enerxía eléctrica, son a principal causa pola que María Xosé C. Trillo (profesora de filosofía) se anima a escribir este texto, no que reflexiona sobre a denominada “plurinacionalidade” do noso Estado.

María está cansada de recibir as chamadas dunha compañía de enerxía, que á parte de molestala con continuas preguntas, lle esixe que fale en castelán e non empregando a súa lingua habitual, o galego.

Dende logo, ela non considera normal que aconteza isto nun Estado que afirma ser plurinacional e no que unha gran parte dos habitantes usan no seu día a día un idioma distinto ao español.

Así mesmo, para defender a súa tese, aporta numerosos argumentos, entre os que destacan os seguintes: as empresas  deberían contratar a xente que supera empregar  as distintas linguas faladas en España xa que desta maneira increméntase o vínculo cos clientes.

Ademais, indica que debemos ter coidado co fenómeno coñecido co nome de globalización debido a que nos pode conducir a un mundo no que che esixan dominar chinés, francés… é dicir, as linguas máis poderosas da actualidade.

E, para rematar co seu escrito incide e reivindica o seu dereito a non cambiar a súa lingua ao atender a unha chamada telefónica.

Persoalmente, estou totalmente de acordo coa escritora deste texto xa que considero que cada un debería poder expresarse no idioma que desexe, tal e como consta no Estatuto de Autonomía de Galiza.

No noso país, existen numerosas linguas a parte do castelán que eu creo que debemos intentar manter. Vivimos nun mundo no que a diversidade lingüística está presente e é moi importante conservala, xa que un idioma é un símbolo de identidade dun pobo e se este desaparece pode levar consigo toda a tradición e a cultura dos habitantes dese lugar.

Actos como os desta compañía incrementan o dominio do castelán resaltando que unha persoa pode vivir falando só castelán pero non pode facer o mesmo empregando o galego, incrementando o monolingüísmo na lingua hexemónica.  Con todo, está demostrado que saber máis dun idioma é moi beneficioso tanto a nivel persoal como profesional. Polo tanto, creo que deberíamos aproveitar a oportunidade que se nos ofrece ao vivir en Galiza.

Dende o meu punto de vista, esta empresa non debería obrigar a ninguén a cambiar a súa lingua e coincido plenamente coa autora en que non lle supoñería tanta dificultade contratar a unhas cantas persoas que souberan falar os distintos idiomas de España. Non facelo, non resulta beneficioso nin para a empresa, que pode perder algúns clientes, nin para os subscritos a esa compañía que non falen habitualmente castelán. Case todas as empresas afirman  estar a disposición dos seus clientes mais con estes feitos non demostran realizalo.

En conclusión, estes actos que nos poden parecer pouco importantes non o son e poden acabar conducíndonos cara un mundo no que só existan as linguas que hoxe en día son máis poderosas.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.