Por Arancha Rodríguez e Lorena Gómez (2º ESO B)
O domingo 22 de maio do 2016 no artigo “Deixándose a pel e ata o corazón na auga” no xornal La Voz de Galicia, presentaban ao boirense Rubén Fernández; que, xunto a tres compañeiros, gañou o terceiro posto no campionato do mundo de piragüismo.
Empezou xogando ao fútbol cos cadetes do C.D. Boiro, pero cansou dese deporte e dicidiu seguir o consello de seu primo uníndose ao Club Piragüismo Rías Baixas-Náutico Boiro de Escarabote. Isto foi no verán de 2013.
Aínda que con 14 anos odiaba a auga, hoxe Rubén presume de estar no Centro Galego de Tecnificación Deportiva de Pontevedra e de gañar a medalla de bronce, no C-4 xuvenil, no campionato do mundo.
O Boirense aprendeu rápido, empezou a apuntar mellorias e cun gran apio do seu mentor Alejandro Conde, superou o control que o meteu na Copa de España. O seu adestrador oficial centrouse no canoísta, poñéndoo a adestrar cos rapaces de kaiak, sendo él o único da súa modalidade no grupo.
Na proba selectiva de 2014 en Sevilla tivo varios problemas na saída, debido a que ía acompañado dunha gastroentirite, polo cal vomitou e volcou, aínda que ó chegar á meta adiantara a 27 embarcacións, alzándose co quinto posto.
Pouco despois recibiu unha chamada do Centro pontevedrés de tecnificación deportiva e todo ía perfectamente ata que lle diagnosticaron un síndrome pouco frecuente chamado “Wolff-Parkinson-White” tamén coñecido como o Síndrome dos deportistas. Pensou en abandonar unha vez máis, pero o seu adestrador non lle deixou e formou un grupo para o C-4 poñéndoo de marca xunto cos seus compañeiros Alex Bernardez, Alfonso Dominguez e David Barreiro, que pilotaban unha canoa de segunda man pintada con rotulador.
Con tan só dous días para afacerse ao conxunto gañaron a proba selectiva por unha distancia de embarcación e media gañando así a praza para o mundial 2015 de Montemor -O-Velho (Portugal), onde conseguiron subir ao terceiro escalón do podio a tan só un segundo e medio do 1º clasificado.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]