Por Diana Ramos
Rianxo, na categoría de infantil masculino, leva a medalla de ouro
Nas finais do LXXIII Campionato de España de Bateis, que se celebrou o 1 de maio nas augas de Teis en Vigo, puidose comprobar o excelente nivel dos equipos participantes de Galicia, Asturias, Cantabria e Euskadi e como as prazas no podio resultaron moi complicadas de acadar.
Así as bandeiras de campeóns de España e as medallas de ouro estiveron repartidas, de maneira que, catro foron para as tripulacións de Euskadi, dúas para Cantabria e unha para Galicia.
Para as dezaseis tripulacións galegas que competiron entre todas as categorías, lográronse unha medalla de ouro, tres de prata e cinco de bronce.
A primeira final de cadete masculino sería a que daría a ledicia ao numeroso público rianxeiro que acudeu a disfrutar destas finais de bateis. Os mozos do Club de Remo de Rianxo puxeron toda a máquina a funcionar e lograron o ouro para Rianxo, estaban Iván López, Xavier Ordóñez, Iago Muñiz, Óscar Torres e Francisco Gómez.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]