Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas
Curtametraxe: 28 versos até o mar

Yolanda Figueira (4º ESO B), alumna de comunicación audiovisual, baixo as directrices de Xohán Brión, vén de realizar esta excelente curtametraxe que ten como tema central o mar de Rianxo.

Despois de ver a curta, podedes ler a súa experiencia na elaboración da curta

Por Yolanda Figueira

En principio quería facer unha historia co can indo cara á praia e gravaba escenas do can, pero deime conta que non quedaba ben porque o animal se movía ao seu aire e non se axustaba aos planos que eu quería. Ao final mudei de idea e todo foi saíndo sobre a marcha.

Fixen planos de min indo ata a praia, primeiro con compañeiros pero como todo parecía moi tenebroso ao final tirei os planos dos meus compañeiros para quedar só cos meus e construír algo como unha historia de terror.

O final da curtametraxe quedou coma se fose unha persoa que se mata a si mesma pero desde dous planos diferentes. Quixen representar a unha persoa bipolar que se quere suicidar, polo que fun organizando os planos de xeito que parecese que a protagonista se desdobraba e por un lado ía ata a praia, mentres que a súa outra parte ía ata a casa, collía un coitelo e a (se) mataba.

A razón do título deriva de versos de cancións de grupos de rock que teñen letras”pouco felices” (Nirvana, AC-DC,GunsdRoses…), escollín os versos que máis me gustaron, traducinos ao galego e ao final quedaron 28 que se nos axustaban á historia. De aí o título.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.