Imaxe de cabeceira
Sabías que...
20 anos como mariscadora

Por Gloria Mirón

Fíxenlle unha entrevista a María Jesús, unha mariscadora con ampla experiencia. Podedes escoitala, e logo tamén lela transcrita abaixo.

María Jesús é mariscadora de Rianxo e decidín facerlle unha entrevista sobre o seu fascinante traballo. Comezamos:

 

1- Canto tempo levas traballando de mariscadora?

Teño 50 anos e levo mais ou menos dende os 30, 20 anos.

2- Foi a túa única opción ou puideches elixir?

Era a opción que tiña mais á man xa que miña nai xa foran mariscadoras.

3- Mariscaches sempre en Rianxo?

Si, levo os 20 anos en Rianxo.

4- Tes algún outro traballo?

Axúdolle ao meu home na leira é tamén fago os labores do fogar (se iso conta como traballo, por suposto, jajaja).

5- Cantos días traballas á semana?

5 días sobre 4 horas diarias.

5.1- E en todo o ano?

Dependendo da veda e da marea, sete meses ao ano.

6- Que factores impiden que realicedes a vosa labor?

Poden influír os temporais, as mareas moi vivas, a toxina, a veda.

7- Que tipo de marisco colledes?

Ameixa xapónica e babosa e berberecho.

7.1- E sobre que cantidade ao día?

Sobre 4 quilos de ameixa e cando hai ata 3 quilos de berberecho.

8- Se hai algún problema, no marisco por exemplo, desprazádesvos a outro sitio?

Si, ao longo do ano vanse abrindo diferentes zonas para poder traballar todo o ano.

9- A contaminación inflúe no voso traballo?

Si, contamínase o terreo, o que fai que morra moito marisco.

10- Cres que este traballo ten futuro?

Claro, sempre o tubo e sempre o terá mentres haxa marisco.

11- Que tipo de roupa levas a traballar?

Roupa de neopreno.

Despois de responder amablemente este cuestionario, depedinme pensando no duro pero tamén fermoso que pode ser esta profesión.

 

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.