(Por Nerea Grela)
Nada. Non hai nada mellor que ver como as cousas van como quero que vaian. Non hai nada máis satisfactorio que sentir que son capas de conseghir pouco a pouco todos os retos que me vou propoñendo. Non hai nada máis bo que superar todos eses retos rodeada da xente que máis quero, ver como se aleghran das cousas boas que me pasan da mesma maneira que como se lles pasaran a eles. Non hai nada máis bonito que querer e sentirme querida. Non hai nada que me encha máis que que me dijan “fixen/dixen esto ghrasias a ti, porque me inspiraches”. Non hai nada que me fagha sentir mellor que faser rir á xente cas miñas continuas parvadas e idas de olla. Non hai nada coma min, nin ninguén; son única e aparte de velo eu, vexo como os demais tamén o ven e valoran. Non hai nada que me poida faser sentir mal ou inferior. Non hai nada que poida destruírme. Nada.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]