Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Messi e os papeis de Panamá

Por  Abel Troáns Tubío (2º Bac. A)

Nas últimas semana, saíron á luz uns documentos bancarios das Illas Virxes de Panamá nos cales se sacan á luz as contas secretas de unha gran lista de personaxes públicos nos que se atopan entre eles ó 5 veces Balón de Ouro, Lionel Messi.

Antes de comezar cabe recordar que non é de sorprender xa que este personaxe xa foi imputado por delito fiscal no Estado Español, así que poderiamos falar de reincidente. Messi, nunhas declaracións feitas no xulgado, argumentou que é seu pai quen se encarga do apartado económico da súa vida. Inda así, isto non lle serve de escusa xa que nestes papeis aparece a firma do xogador arxentino, polo que a culpa debe recaer sobre el mesmo. Os papeis tamén nos amosan información de que esta conta foi aberta xusto despois de ser imputado en España, polo que cabe preguntarnos cales serán agora os artigos dos seus defensores máis achegados, os cales lle botaban a culpa a unha estrataxema de Florentino Pérez para desestabilizar ao crack do Barcelona; pero a verdade é que tras coñecerse un capítulo máis desta trama, estes quedaron retratados, e por conseguinte, acabanselles os argumentos para seguir exculpando a esta persoa.

Na miña opinión, Messi equivocouse, e sexa ou non o que manexa a súa riqueza debería ser xulgado ante a lei coma un cidadán máis. Por outro lado, os seus defensores deberían ser máis obxectivos e asumir os seus erros en lugar de seguir defendendo a toda costa sen importar as consecuencias.

 






Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.