Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Liberdade lingüística

A imposición do galego. Quizais sexa esta unha das premisas máis habitualmente empregadas polos membros do PPdeG. Semella que para eles unha mentira repetida un millón de veces se converte en verdade.

O novo número dous de Feijóo, Miguel Tellado, volve apostar por un ataque directo cara a Libertad de idiomalingua galega, para non romper así coa tradición do seu partido. O señor Tellado sostén que as galescolas, centros nos cales a lingua vehicular era o galego, rompía co consenso lingüístico acadado por Manuel Fraga anos atrás. O seu argumento é que as galescolas, renomeadas polo goberno do PP como “a galiña azul” optaban pola “imposición del gallego” en vez de que escollesen os pais, abandeirando de novo a famosa “liberdade lingüística”.

Pois ben, gustaríame dicirlle ao señor Miguel Tellado que a posibilidade da escolla entre unha ou outra lingua tan só podería levarse a cabo con verdadeira liberdade nunha situación de igualdade lingüística e non de minorización dunha lingua como acontece no caso do galego dende séculos atras. Pois aínda que el abale que o galego non se atopa en inferioridade xurídica fronte ao castelán, a realidade que de aí se desprende é ben distinta. E unha vez dito isto gustaríame precisar que de existir dita situación de igualdade lingüística non sería necesario que os pais escollesen en que lingua queren que os seus fillos sexan educados, pois non habería lugar a dúbidas, esa lingua sería a propia do seu territorio, o galego.

Se o partido gobernamental da Xunta de Galiza quere abandeirar a verdadeira liberdade lingüística, quizais debería comenzar por promover a lingua galega e loitar para que os prexuízos e estereotipos que se crearon sobre a nosa lingua dende que os Reis Católicos impuxeron o castelán e dende que, xa avanzado o tempo, o “Caudillo de España” Francisco Franco realizase unha cruenta e sistemática persecución da nosa lingua, poidan por fin desaparecer. Cando logren acadar unha situación realmente igualitaria, entón poderán propoñer que os pais escollan en que lingua queren que os seus fillos sexan educados. Mentres tanto, que se dediquen a loitar en contra da imposición do castelán.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.