Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Creación literaria
LIAN CHEN YANG

Por: Laura Romero Blanco

Esta é a verdadeira historia acerca do descubrimento dos fogos de artificio. Moitas son as hipóteses acerca destes fogos que vemos continuamente nas festas e feiras, pero nos cales nunca pensamos. No entanto algo teñen en común todas estas hipóteses, ningunha pensa que este descubrimento sexa cousa dunha muller. A realidade, polo menos a da historia que veño a contarvos, é moi diferente. Isto ocorreu na China, dous mil anos atrás.

Lian Chen Yang era unha rapaza duns vinte anos de idade, de estatura media, delgada e moi fermosa. Os seus ollos, da cor do acibeche, amosaban a alegría e simpatía da rapaza e o pelo, desa mesma cor, caíalle pola lombo como se dunha cascada se tratase. Traballaba dende os dezaseis anos como servidora dun home con moito poderío, chamado Shen; encargábase de limpar e cociñar para el, e unha vez na casa, debía coidar dos seus seis irmáns e axudar coas tarefas da casa. Con todo este traballo e ao ser dunha clase social moi baixa, Lian non se relacionaba cos rapaces da súa idade. A pesar de todo isto, a rapaza traballadora sempre tiña unha sorriso na súa fermosa cara.

Unha tarde de verán, estaba Lian limpando a cociña logo de ter preparado a comida de Shen, cando este xa marchara e quedara ela sola na casa. Unha vez que a casa estaba completamente limpa, e posto que a rapaza non podía volver ao seu fogar ata as oito da tarde, comezou a investigar pola casa. Foi entón, cando o aburrimento xa se lle facía insoportable, estando segura de que Shen non volvería ata dúas horas, cando decidiu mesturar varias substancias que encontrou pola cociña.

Isto era algo que a ela sempre lle gustara moito e recordáballe a todas aquelas tardes pasara cos seus primos e irmáns mais maiores facendo que cociñaban como se fosen adultos. Daquela, a súa situación non era tan mala como a actual, xa que seu pai arruinárase tres anos atrás e perdera, ademais, a súa honra.

Con todos estes pensamentos e recordos na súa cabeza fixo unha mestura que consistía en carbón, nitróxeno e ácido sulfúrico; que xa fixera moitas veces cando era pequena. Unha vez estaba todo mesturado, recordou que debía ir regar as plantas ao xardín de Shen, entón introduciu a mestura nunha caña de bambú co obxectivo de recollela da cociña antes de chegara o home. Levou a caña de bambú coa mestura ao xardín e deixouna tirada no chan para desfacerse dela, mentres regaba as plantas. Porén, non se deu conta de que deixara o composto cerca do montón onde se acumulaban os desfeitos para logo queimalos

Ao día seguinte, Lian recibiu ordes de Shen para queimar os residuos e en canto o lume comezou a devorar aquela caña de bambú chea de carbón e outras substancias produciuse un forte estrondo que fixo que Shen saíra ao exterior xusto a tempo para ver aquel resplandor que no ceo que parecía obra dunha gran explosión. Entón, dirixiuse a Lian que estaba, por unha parte asustada pero pola outra sorprendida de que aquela obra tan fantástica fora cousa súa. Preguntoulle se sabía de onde viña ese resplandor no ceo tan fermoso e cando Lian lle contou o sucedido, Shen riuse dela porque cría que ese fenómeno non podía ser producido por unha muller.

Lian, ofendida, decidiu demostrarlle que fora ela repetindo o procedemento da tarde anterior. Así, púxose mans a obra baixo a vixilancia e supervisión de Shen e, uns minutos despois xa estaba queimando a caña de bambú. En canto o home viu que o que dicía Lian era certo, deuse conta da grande importancia de este descubrimento e da súa utilidade. Por esta razón, obrigou a Lian a non dicir que ela fora a verdadeira descubridora, pois si o facía, sería despedida.

Ela quería que todo o mundo soubese que, iso que despois se coñecería co nome de fogos de artificio, fora obra súa e non do cobizoso Shen; pero non podía permitir que a despedise pois necesitaba o pouco e escaso salario que recibía para alimentar a súa familia. Finalmente optou por afirmar que o descubridor daquela marabilla non fora outro senón Shen.

Así, co paso dos anos os fogos de artificio fóronse facendo máis e máis importantes nas celebracións e fóronse modificando con diferentes elementos para darlle cores, como por exemplo o sodio para os fogos amarelos, o bario para os verdes, o cobre para os azuis… E o poderoso Shen fíxose canda vez máis rico a causa do seu suposto descubrimento e acabou despedindo igualmente a Lian.

Despois de que Shen incumprira a súa promesa, Lian intentou facerlle saber ao mundo a verdadeira historia sobre o descubrimento dos fogos de artificio pero ninguén cría que iso fora obra dunha muller.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.