Imaxe de cabeceira
O IES rebole / Rianxiño viaxa
Excursión á Coruña

Por: Alicia Quintáns (2º ESO-A)

Como  sempre, partimos do instituto para ir ata A Coruña en autobús acompañados dalgúns profesores, neste caso Paula, Manuel, Esperanza e Paz. Pasamos lista de todos os que iamos e arrancamos repartíndonos en dous autobuses cando comprobamos que estabamos todos os que acordaran ir. Ao chegaren alá, fomos primeiro o “Domus”, tamén coñecido como “O musTorre Hérculeseo do home” no que miramos algunhas cousas interesantes e vimos unha película en 3D. Comemos alí sobre as dúas da tarde e finalmente visitamos a Torre de Hércules. Na Torre de Hércules, a algúns deixáronnos subir, e foi una experiencia moi divertida, dende alá arriba podíase contemplar toda a fermosa Coruña. Sacamos algunhas fotos, comentamos as vistas etc. Da excursión non teño queixa, foi algo que me agradou sen dúbida, aprendín e gustaríame que fixeran máis excursións deste tipo. Pero o que máis nos impresionou desa excursión á Coruña non foi iso, senón o comportamento dun rapaciño que a penas tería seis anos, cando se acercou a nós e nos preguntou “¿Por qué habláis gallego, no sabéis hablar español?”. Impresionounos moito como un rapaz tan pequeno puidera pensar dese xeito, de modo que lle contestamos e lle dixemos; “Nós somos de Rianxo, que pertence a Galiza, e se non falamos os galegos esta lingua, quen a vai falar?”. Cando o rapaz nosCoruña2 contestou quedamos impresionados: “Yo también soy de Galicia, pero prefiero hablar castellano, no me gusta el gallego. Además, los rianxeiros con ese acento tan raro parecen que no saben hablar, deberían hablar español”. Falou como se se avergonzara da nosa lingua! Pareceunos moi raro, e sobre todo triste, que aquel rapaz tan pequeno pudese pensar dese xeito tan anticuado.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.