Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Como preparar aos teus fillos para CONSEGUIR UN TRABALLO

(ARTIGO PUBLICADO EN CASTELÁN NO SUPLEMENTO DE PRENSA “TELVA” pax 94-103)

Xeración Millennials ou xeración Y.

Así se denomina aos mozos de menos de 30 anos que medraron baixo o paraugas da bonanza económica, locen un currículum envexable, posúen títulos universitarios, moitos deles un MBA (Master en Administración de Negocios) e, ademais, falan varios idiomas. Con todo, esta “xeración tan preparada” pasou a ser a do desemprego, cunha taxa do 57,2 por cento de paro xuvenil e un total de 300.000 mozos que se viron forzados a marchar ao estranxeiro en busca dunha oportunidade laboral.
Mentres, Youtube  tense convertido nun fervedoiro de vídeos que retratan a frustración que senten os que soñaban cun final feliz. Como A xeración perdida (con máis de 800.000 visitas), ou Realmente estás facendo o que te fai feliz?, que reivindica unha nova forma de traballar segundo a mentalidade Millennials. 

As súas regras?

  • Queren ter unha profesión que lles guste;
  • Cren que se gozan facéndoo os resultados serán mellores;
  • Non lles importa cambiar de rumbo e de vida se xorden outras oportunidades;
  • A adaptación, flexibilidade, mobilidade, coworking e home-office forman parte do seu ADN;
  • Traballan hiperconectados e coidan os seus perfís nas redes sociais.

Pero, está o mercado preparado para este cambio? Como serán os postos do futuro? Que habilidades serán as máis cotizadas?

Mentres o 57,2 por cento dos mozos da “xeración máis preparada” está en paro, o escenario laboral vive a revolución 3.0 e perfila ao empregado dez do futuro: trátase dunha persoa flexible, que traballa de forma global, vive hiperconectada e coida a súa identidade e reputación dixital. Falamos con tres expertos en educación e traballo para pescudar como se forma e descobre un perfil de éxito.

Reunimos as opinións de tres expertos na materia para que nos descubran os trazos dun futuro triunfador.

As súas opinións publícanse en artigos separados a continuación deste.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.