Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Como prepararse para …. conseguir un traballo (continuación 2). Le e opina:

O COACH 2,0   Alfonso Alcántara

Asesor de empregoAlfonso

Agora que o 80 por cento dos recrutadores de recursos humanos investiga aos seus candidatos en internet, para atopar traballo é fundamental coidar e potenciar a túa presenza na redes. Apunta as claves para crear e dominar a túa propia reputación dixital.

Máis coñecido como yoriento.com (o seu blog profesional con máis de 100.000 seguidores), Alfonso Alcántara é especialista e asesor en empresa e emprego 2.0, produtividade, desenvolvemento profesional, networking e márketing de contidos. Un auténtico gurú dos recursos humanos aplicados ás redes sociais, imprescindibles agora que o 68,76 por cento das empresas utilizan portais de emprego para atopar traballadores, e o 48,7 por cento faio a través das redes sociais. “Por iso, o mellor currículum non é un documento no que enumeras o que fixeches, senón un blog no que demostras o que sabes facer”.

 “CO EMPREGO 2.0 O TRABALLO BUSCATE A TI”

Cal é nosa mellor carta de presentación ante unha empresa?

currículum en papel é cousa do pasado. Aínda que un traballador non é mellor polo feito de estar nas redes, demostra que ten mellores competencias dixitais e que manexa ben o networklng e que é consciente de onde están os clientes e os seus competidores. Si queres atopar traballo, tes moitas máis posibilidades si utilizas Internet e as redes.

De feito, o 80 por cento dos responsables de recursos humanos consulta a actividade dos seus candidatos nas redes sociais (Informe Infoempleo-Adecco 2012).

O que me sorprende é por que non o fai o outro 20 por cento. Non aparecer en Internet non significa que sexas mal profesional, pero os seleccionadores quédanse sempre coa persoa que comunica.

Como busco traballo en Internet? 

Hai dúas formas: a primeira consiste en utilizalo como unha mera canle, é dicir, deixar o curriculum en portais tipo Infojobs ou Infoempleo. En definitiva, é como cando o depositabas no mostrador dunha tenda. Pero co emprego 2.0 ti non buscas o traballo, senón que este atópache a ti porque creaches unha marca persoal e unha reputación coa que fixeches que che valoren e fíxense en ti.

Como se consegue a visibilidad?

O primeiro paso é definir que vendes ou que sabes facer, e despois xerar a túa marca persoal. Por exemplo, un amiga que é psicóloga quería axudar a pais con fillos problemáticos e creou un blog chamado hazteconellos, unha marca a través da cal empezou a xerar contidos: artigos, vídeos, unha conta en Twitter, unha páxina profesional en Facebook, etc. Pero non vale calquera cousa: os teus contidos deben estar coidados e ser de calidade. Unha vez feito isto hai que e-socializarse, é dicir, retwittear, mencionar, enlazar, comentar e usar o botón “gústame”, unirche a grupos en Linkedin, etc. Algunhas persoas son máis relevantes nas redes sociais non porque sexan mellores, senón porque souberon visibilizarse.

Todos estes contidos forman o currículum digital?

Así é. O novo currículum non é un papel onde enumeras o que fixeches, senón unha demostración do que sabes facer. É interesante presentarche en 10 segundos ou 140 carácteres para buscar traballo, ou facelo co método elevator pitch, que se basea en presentar unha idea de negocio ou convencer a inversores en menos de tres minutos, aproximadamente o tempo que pasas nun ascensor. Prepara presentacións profesionais en diversos formatos (texto, slides, vídeo, audio) que poidas usar nas redes sociais e no cara a cara en función de cada contexto. Si non sabes dicir quen es e que fas, os demais nunca o saberán.

Entón, necesito un blog para atopar traballo?

Iso é como preguntar si recomendo que todo o mundo teña un currículum. ¡É que o blog é o teu currículuml Todos os posibles traballos ou clientes están a un golpe de clic. As redes sociais permítenche unha visibilidade total, pero tes que saber que lles dis ou que vendes. Está claro que unha persoa sen blog é un sen teito dixital.

E como compito cos que xa están situados?

As redes sociais móstranche ás túas competidores e permítenche ver o que están facendo e así inspirarche no seu traballo. Fai anos presentabas un currículum que ía a un arquivo e non sabías con quen convivía esa montaña de papeis. Agora podes ver como é o teu rival.

Que opina de Linkedin?

É un currículum convencional cun pouco de vitamina 2.0. Serve para xerar contactos persoais, que constitúen o segundo método de recrutamento máis utilizado polas empresa (57,6 por cento), por baixo dos portais de emprego.

“Unha persoa SEN BLOG É UN SEN TEITO DIGITAL. Si estás en Internet as empresas, poden comprobar como traballas, que dominas as tecnoloxía, cal é a túa rede de contactos e o teu nivel de creatividade” (Alfonso Alcántara, coach)

Pero o que se demanda agora é demostrar o que ti fas cun blog, vídeoblog ou fotoblog. Por exemplo, un fotógrafo que colga un vídeo tipo making of das súas sesións para que se vexa como traballa.
Defensor de que a vida profesional xa non está nun papel, senón na nube dixital, Alfonso Alcántara recomenda estar en todas as redes.

Cambiou Internet o concepto de traballo convencional? 

Efectivamente. Un posto de traballo non ten por que ser un contrato indefinido con horario de nove a seis. De feito, as redes poden converterse no teu sitio de traballo. En Internet xorden infinidade de oportunidades. Por exemplo, si aproveitas a rede social Youtube para publicar os teus vídeos de clases de cociña ou titoriais de maquillaxe podes xerar ingresos con iso.

“TER TWITTER FAICHE MÁIS ACCESIBLE”

En que portais ou redes hai que ter presenza?

Abrir unha conta en calquera rede social son dous minutos e é gratis. Podes elixir as que teñen máis usuarios: Facebook rolda os 1.050 millóns de usuarios e Twitter uns 500 millóns. Pero eu recomendo estar en todas, porque en Twitter xeras marca, con Facebook promocionas, en Linkedin conectas, Pinterets e Instagram permítenche expoñer e no teu blog dispós.

E como empezo un blog?

Eu recomendo facelo en Blogger ou WordPress, dous portais moi potentes que teñen moitos usuarios. Procura imitar aos que xa están ben situados, busca un nome que facilite que che atopen en Google e utiliza as redes sociais para levar á xente ao teu sitio. Pensa que si non estás en Internet, é menos fácil para as empresas chegar a ti. O networking non é dar a túa tarxeta de visita, senón etiquetar ás empresas para que se fixen en ti.

Canto tempo teño que dedicar ao meu perfil dixital?

Si estás buscando traballo eu investiría todo o día. Unha persoa con Twiter non é mellor profesional, pero sen dúbida ten máis recursos. Canto máis traballes a túa marca persoal, mellor a posicións e máis contido crees, máis oportunidades terás. Tardas unha media de dúas ou tres horas en escribir un artigo de 400 palabras para un blog, pero é un tempo moi produtivo porque ese texto sempre vai estar en Internet. Nunca se borra. Iso é o teu reputación dixital.

Como se empezan a xerar os contidos?

Le moitos antes de escribir o teu blog. Nas redes sociais as persoas e profesionais son valorados como interesantes cando as súas achegas sono. Estes perfís fan máis visible o teu perfil profesional pero non máis interesante. Por iso é importante que converses en Twitter, Facebook ou Linkedin, o que implica citar, comentar e enlazar ideas e artigos de valor.

Canto custa mantelo?

Si queres un blog con dominio propio, aproximadamente 60 euros ao ano. Para ilustralo, hai bancos de imaxes gratis, como Photo Pin.

Como mido a rentabilidade do meu traballo en internet?

Con ferramentas como Google Analitics que calcula as visitas que tes e canto tempo invisten no teu espazo. Ademais, podes organizar un sistema de suscrición, mandar newsletter, facer márketing por email e ata pescudar o perfil dos suscritores. A eficiencia 2.0 baséase en crear contidos e compartilos para xerar o posicionamento que faga máis probable que che atopen, xunto á xeración dunha marca e reputación dixitais que fagan valorar aos teus potenciais clientes os servizos e produtos que queres prestar.

Os NOVOS PORTAIS DE EMPREGO

Aínda que os máis clásicos, como Infojobs e Infoempleo, teñen maior difusión, xurdiron novos servizos de emprego 2.0 máis áxiles e sociais con vantaxes como a especialización, o uso de novos formatos, a oferta de novos postos de traballo e perfís profesionais e, sobre todo, a potenciación do networking. Alfonso Alcántara selecciona algúns deles:

  • Jobssy: con máis 100.000 usuarios e 450 empresas rexistradas, os usuarios completan un perfil detallado e o sistema recoméndalles postos vacantes segundo os seus perfís.

  • JobandTalent: híbrido entre portal e rede social, os candidatos conéctanse vía Facebook e o servizo descóbrelles en que empresas teñen máis contactos, cales son os postos idóneos segundo o seu perfil ou que amigos deberían contactar para ter maiores posibilidades de éxito. Polo menos 1.700 empresas utilízano, como Google, Indra ou BBVA.

  • CuVitt: non publica ofertas de emprego senón que facilita ás empresas a procura de candidatos co “currículum intelixente”. O candidato debe investir unha hora e media para cumprimentar o seu esixente perfil que se supón mide o seu talento e expectativas, é dicir, “que fixo, que sabe facer e que lle gustaría facer no futuro”.

  • MarketYou: suscita cambiar a frase “necesito un traballo” por “que é o que realmente quero facer?”. Ofrece asesoramento e axuda no posicionamento no mercado nacional e internacional, e xera un currículum visual cunha puntuación de 0 a 100 para facilitar ás empresas a procura e valoración dos candidatos.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.