Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas
Carlos Negro e a poesía en Rianxo

O pasado mércores 20 de abril, o poeta Carlos Ngero visitou o noso instituto, o IES Félix Muriel.

IMG_20160420_094828Primerio, deu unha charla en 3º de ESO na cal lles falou dunha das súas últimas obras: “Penúltimas tendencias” que eses alumnos xa leran no trimestre pasado. Despois, veu a dar outra á nosa clase, en 2º de Bacharelato. Nesta, falounos da poesía e buscou desmitificar os prexuízos que hai ó redor dela. Amosounos, mediante a lectura de varios poemas,  que estes non só trataban sobre o amor romántico e temas alleos a nós, senón que a lírica pode falar de calquera cousa: ó contrario do que moitos pensan, poden tratar temas cotiáns, críticas sociais, etc…

IMG_20160420_120633Nada máis chegar onda nós, optou por poñer a clase en corro para que se fixera máis amena e pediunos que escolleramos algúns dos libros que trouxo da súa biblioteca persoal, de cada un dos cales nos recitou algúns  poemas  dunha forma agradable coa que lograba transmitir ós oíntes o que o autor realmente pretendía expresar, pois, moitas veces, cando nós lemos os poemas, non nos paramos a reflexionar sobre eles, xa que a maioría das veces lemos a poesía de xeito obrigado, por petición dos profesores. Carlos Negro escolleu os poemas máis acordes a nós para amosarnos o que xa dixen antes: a lírica pode tratar perfectamente, temas do noso interese, cos que estamos relacionados ou nos afectan.

 

IMG_20160420_112949

Grazas á súa visita, a miña visión da poesía cambiou, pois antes adoitaba prexulgar a lírica xa que non paraba a pensar realmente no que se buscaba transmitir, pero cos seus consellos a miña predisposición a ler obras líricas mellorou e incluso, entre os seus libros propios, atopei un que me gustou moito: “Terminamos y otros poemas sin terminar”  de Rayden, do cal xa merquei un exemplar.  Debemos ter moi en conta o que Carlos Negro nos dixo: non xulguemos a un libro pola súa portada, ou neste cao, polo xénero ó que pertence, pois aínda que puideramos ter malas experiencias coa lírica, esta permite a moitos transmitir sentimentos e pensamentos que doutra maneira non serían capaces a expresar. A poesía non está morta, hai poetas actuais con obras esperando por nós que de seguro nos apaixonarán. Así que recorda, a próxima vez que vaias a unha libraría, non evites o recuncho da lírica, seguro que atoparás un libro afín a ti

.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.