Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Proxecto de blogue: Galego sen bozas!

Unha parte do alumnado de 2º de Bacharelato B comezamos cun blogue hai unhas semanas, pois decatGalego sen bozas!ámonos de que a nosa lingua, o galego, está chea de interferencias lingüísticas, sobre todo castelanismos. Así, naceu o noso proxecto: Galego Sen Bozas!

A idea do blogue xurdiu un día calquera dunha forma bastante espontánea, pero coa axuda dunha profesora, conseguimos organizarnos e crealo sen moitas dificultades. Comezamos pouco a pouco  facendo artigos, na meirande parte, buscamos corrixir as interferencias lingüísticas que afectan á nosa lingua, sobre todo os castelanismos (xa que son os máis abundantes, polo contacto entre os dous idiomas) e explicamos cal é a palabra correcta na nosa lingua, como por exemplo en “bolboreta“, que adoita ser substituída polo castelanismo “mariposa“, aínda que, coa chegada da escolarización se foi retomando o termo galego, a diferencia de “cogombro“, que se segue empregando normalmente o castelanismo “pepino“. Outras veces, comparamos dous termos que conviven no galego e aclaramos o por que do seu uso baseándonos na súa procedencia ou historia evolutiva, como é o caso de “vasoira e escoba“. Todo isto, facémolo servíndonos do dicionario da Real Academia Galega como fonte de información verídica, así como doutras páxinas web e consellos dalgún que outro profesor.

Tamén creamos unha conta de Twitter na que podedes contactar connosco e facernos suxerencias, do mesmo xeito, tamén o podedes facer eviándonos un correo electrónico ó noso enderezo: galegosenbozas@gmail.com.

en_galego_1

Por agora, estamos comezando, pero procuramos facer artigos frecuentemente, sempre que atopamos un oco libre na nosa axenda, que neste curso non é tan doado como parece. Esperamos que o noso proxecto vos sexa de interese e vos sirva de axuda. Agardamos axiña a vosa visita!

Un saúdo!




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.