Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
O galego e as novas xeracións.

pegatina_PRianxo sempre foi unha vila bastante normalizada, máis na última década sobre todo, estase dando un gran incremento dos nenos e nenas ós que lles inculcan o castelán como primeira lingua dende que nacen.

Agora, cando saímos pasear polas rúas ou polos parques, é moito máis doado escoitar meniñ@s falando castelán ou nais e pais e avós e avoas que, aínda que entre eles falan o galego, fálanlles en castelán aos cativos. Ademais, como amosan os datos do IGE, a lingua galega deixou de ser xa a maioritaria no noso territorio, aumentando na súa contra os monolingües en castelán e os bilingües, que se poden traducir como diglósicos. Isto créanos unha gran dúbida: que está acontecendo en Galiza? Coas medidas normalizadoras propostas polas distintas institucións do noso país, este feito debería de ser á inversa, entón, por que non é así?

Diglosia

Na miña opinión, os proxectos de normalización e dinamización, que buscan impulsar o uso da nosa lingua, vense frustrados polas propostas do goberno, como o Decreto de Plurilingüismo do 2010, que reduciu o número de clases en galego a prol das horas en castelán e inglés, sobre todo nas materias científicas, feito que, de forma indirecta, creará un sentimento de inferioridade  no alumnado, pois dáse a imaxe de que a nosa lingua non é apta para as ciencias.

Por todo isto, eu creo que se non se mellora a situación do galego, impulsándoo dende as institucións públicas e dende o goberno, este constinuará reducindo o seu número de falantes. Isto, sumado cos prexuízos e estereotipos herdados da ditadura, poderían ser as razóns polas cales se dá esta redución de galegofalantes, sobre todo tendo en conta o feito de que nais e pais escollan o castelán como lingua para iniciar a fala dos seus fillos e fillas. E, sen a nosa lingua, deixaremos de ser galeg@s, pois como dicía Castelao: “Se aínda somos galegos é por obra e gracia do idioma”. 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.