Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Master Class de Física de Partículas 2016

 

masterclass

O pasado 4 de marzo deste 2016 dúas estudantes de 2º de Bacharelto do IES Félix Muriel fixemos unha viaxe a Santiago de Compostela , onde tivemos o pracer de asistir a unha Masterclass relacionada coa Física de Partículas, denominada Física de Partícula coas mans, experiencia que compartimos con varios institutos de Galicia.

 

masterclass

Ás 10:00 da mañá comezamos a actividade cun par de conferencias da man dos físicos Diego Martínez Santos e Xabier Cid Vidal  nas que nos falaron sobre a física de partículas e sobre o CERN e os seus experimentos, respectivamente. 

 

maSTERCLASS2

Despois das conferencias tivemos unha clase preparatoria para a práctica que realizaríamos pola tarde. Nela tiñamos que analizar o tipo de desintegración que se produce nas colisións das partículas e interpretar os resultados dos diferentes eventos que se nos presentaban. Todos pretendíamos atopar o chamado Bosón de Higgs, detectado  recentemente polo CERN.

masterclass1masterclas2Unha vez rematados os 100 eventos que constituían a práctica, todos os presentes nesa clase interpretamos os datos obtidos recollidos todos nunha gráfica que mostraba a frecuenia coa que  aparecían os distintos tipos de desintegracións. Posteriormente, nunha videoconferencia en inglés con dous membros do CERN e distintos institutos de Europa , interpretamos de novo os resultados obtidos en conxunto e demos a nosa opinión sobre a Masterclass, a cal rematou ás 18:00 cunha entrega de diplomas a cada un dos participantes.

Pareceunos entretida e interesante. Aprendemos moito sobre o, para nós descoñecido, mundo da Física de Partículas. Cabe destacar que o trato recibido foi excepcional e algo que temén nos chamou a atención foi o feito de que tanto os encargados de dar as conferencias e de explicarnos as prácticas, como os participantes empregaban o galego. En resumo, foi unha moi boa experiencia que sen dúbida repetiríamos.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.