M. Outeiro Hortas é o alcume que empregou Manuel María para publicar este libro de poemas adicado á Valeorras .
CANCIÓN Ó RÍO SIL
O noso Sil cando chega
dende o reino de León:
aprende a fala galega
na que di a súa canción!
De Covas a San Martiño
baixa feliz, rumoroso,
contemplando vagariño
este país tan fermoso.
Polo Barco o seu caudal
é un vidro transparente:
todas as vides do Val
se ollan na súa corrente!
Meu río Sil… Dime si
te lembras das aureanas
que che arrincaban a ti
o ouro das túas entranas!
POEMIÑA DAS FEIRAS
Hei ir ó Barco ó mercado
e á feira de Sobradelo!
¡Hei apreciar ben o gado
e axustareiche un mantelo!
Xa fun a Vilamartín
e a Viloira a feirear.
¡Nestes lugares vivín
A esencia do popular!
Hei ir á feira da Rúa,
os meus soños hei vender.
¡Heiche de mercar a lúa
porque o sol non pode ser!
Voume meter a tratante
nas feiras de valdeorresas.
¡Vendo soños en mingoante
e merco estrelas acesas!
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]