Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Existiu realmente o Reino de Galiza?

Escudo_de_Galicia_-_reino_de_GaliciaDende o comezo do reinado dos Reis Católicos en Castela, os gobernantes casteláns buscaron todos os argumentos posibles para desprestixiar a Galiza, incluso chegaron a cambiar e mentir na historia e a dicir que o galego era unha lingua filla do castelán para conseguir ese propósito.

Ata hai relativamente moi pouco tempo, a moita xente ocultóuselle a existencia do Reino de Galiza e afirmábase que era unha comunidade ou unha rexión dentro de Castela. Pero os documentos e outros vestixios atopados amosáronnos que iso non era certo e que si que existiu o Reino de Galiza.

O rei suevo Hermerico fundou este reino no 410 e estableceu a súa capital en Braga. Demostrouse que foi o primeiro reino que adoptou o catolicismo e comezou a usar unha moeda propia (cara o ano 449) Máis adiante desprazaría a súa capital a Tui e posteriormente asentaríase en Oviedo e León e pasou a ser o principal reino cristián da Península Ibérica. Tras a separación do Condado de Portugal, pasando a ser o Reino de Portugal, Galiza pasou a ter a súa capital en Santiago de Compostela; debido a isto e á redución dalgúns outros territorios, Galiza veuse bastante reducida e quedou cunha forma similar á actual. En 1230, o rei Fernando III deixouna baixo o Control da Coroa de Castela. O reino seguía mantendo algunha autonomía, máis cando os Reis Católicos someteron ao reino polas armas, este quedou totalmente baixo o dominio dos casteláns e da Coroa de Castela e posteriormente á Coroa de España. Estes quitaron á nobreza galega que foi substituída por unha foránea de Castela e fixeron outros moitos cambios que aínda nos seguen afectando, en menor medida, hoxe.

Máis adiante, a rexenta María Cristina de Borbón quitoulle o título de reino histórico 1833.

Durante un tempo da Idade Media, o Reino de Galiza foi moi valorado pola xente e durante a súa etapa de apoxeo territorial, ocupou todo o noroeste da Península Ibérica, converténdose nun dos territorios máis importantes de Europa occidental e o galego foi unha lingua prestixiosa usada por moitos para as súas composicións literarias, un exemplo sería Afonso X o Sabio e as súas “Cantigas de Santa María”.

Todos estes acontecementos están amosados (a maioría) en documentos e outros vestixios da época que os gobernantes casteláns (sobre todo Os Reis Católicos e posteriormente Franco) nos ocultaron para facernos crer que Galiza sempre estivo sometida por Castela e posteriormente por España e que sempre o estaría.

 Por todo o dito anteriormente, podemos afirmar que o Reino de Galiza SI existiu e, como xa dixen antes varias veces, os casteláns nolo quixeron ocultar para facernos crer que eramos inferiores a eles cando a nosa lingua e cultura foi, é e será igual de válida e prestixiosa que a súa





Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.