23 de abril día do libro
Os libros son para valentes
A verdade é que nunca gustei moito de todos eses discursos so-
bre a importancia do libro, das boas lecturas, e todo aquilo… Sem-
pre pensei que falar da importancia da lectura era como ter que
explicar a importancia de comer, de beber. De respirar.
Porque de nada serve unha lectura se non nos atrapa. De nada
serve un libro que non nos namora. Que non nos marabilla, quen
non nos amosa outros mundos, que non nos emociona. De que
serve unha historia se non nos arrastra dentro da treboada, se
non nos fai chorar ante unha vida que se apaga, se non nos fai rir
ata desencaixarnos a mandíbula, se non nos arrebata, se non nos
calma…? Esas son as boas lecturas, as que nos levan máis alá
destas catro paredes. E eses son os bos libros, os que nos conver-
ten en mellores persoas, máis grandes, máis capaces, máis vivas.
Todos sabemos que para cada un de nós hai un amor. Un que nos
cambiará a vida, que lle dará sentido á nosa existencia, e nada máis
debemos estar dispostos a ser valentes, a dar un paso adiante e di-
cirlle a esa persoa “Ei, ti, gústasme! Podo darche un bico?”. Do mes-
mo xeito, eu tamén sei que para cada un de nós hai un libro. Un que
nos explicará como é que funciona isto de vivir, como se sae adiante,
como se avanza. Ou polo menos como poñerlle o rabo ás cereixas…
Para todos hai un libro. Ou dez. Ou mil. Outra cousa é que estea-
mos dispostos a abrilos. Que me dicides, valentes, atrevédesvos?
Pedro Feijoo
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]