Por Gloria Mirón (3º ESO)
O 8 de marzo de cada ano celébrase o día da muller traballadora ou da muller en case todo o mundo. En algúns países é un día festivo. As mulleres levaban toda a vida loitando polos seus dereitos. Na actualidade, na maioría dos países conseguírono. Aínda así, na metade dos traballos sigue habendo diferenzas de soldo entre homes e mulleres.
MULLERES AO LONGO DA HISTORIA
O 8 de marzo de 1911 en Nova York, produciuse un incendio na fábrica de camisetas Triangle Shirtwaist no que morreron 146 mulleres. Estas mulleres pediran melloras laborais e o dono encerrounas na fábrica. Debido a isto, as traballadoras non puderon saír da fábrica no momento do incendio. Despois da traxedia, producíronse importantes cambios nas normas de seguridade e saúde laboral.
Tamén o 8 de marzo de 1917, como reacción ante os dous milleiros de soldados rusos mortos na guerra, as mulleres rusas declaráronse en folga en demanda de “pan e paz”. Catro días despois o Zar abdicou e o goberno provisional concedeu as mulleres o dereito ao voto.
En 1975, as Nacións Unidas celebraron por primeira vez o día Internacional da Muller o 8 de marzo.
A MULLER TRABALLADORA EN RIANXO (para descargar en PDF)
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]