Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Mar de xente do mar

IMG-20160228-WA0000O pasado sábado 27 de febreiro tivo lugar unha multitudinaria manifestación en Santiago de Compostela en favor dunha completa restauración das nosas rías.

O motivo principal que levou á convocatoria desta manifestación foi pedir a retirada do anteproxecto de Lei de acuicultura, que -de ser aprobado- supoñería un completo desmantelamento do noso mar en favor da empresa privada , e ao mesmo tempo que significaría a total ruína de milleiros de familias galegas que viven do sector pesqueiro, implicaría un enorme impacto medioambiental. O goberno da Xunta de Galicia anunciou in extremis a súa retirada coa clara intención de intentar frear a dita manifestación, pero a pesar deste intento desesperado de botar abaixo a convocatoria, esta seguiu adiante.

E é que o esta debastadora Lei non é a única ameaza á que están sometidas as nosas rías, senón que actualmente o sector marítimo é un dos mais afectados polas políticas que se están levando a cabo desde o goberno galego. Este goberno fai caso omiso das necesidades de mellora deste sector que precisa urxentemente de investigacións sobre as causas da excesiva mortandade de moluscos nas rías, e que tamén precisa dunhas cotas pesqueiras axeitadas para permitir un beneficio aos traballadores do mar.

En definitiva, o que o goberno da Xunta de Galicia está conseguindo coas súas nefastas políticas é unificar a un sector que sempre estivo moi dividido en defensa do noso mar, como se puido apreciar na imaxe da praza do Obradoiro completamente abarrotada de representantes de todos os sectores.

Durante a mañá do pasado 27 de febreiro, Santiago de Compostela tivo mar, un “MAR DE XENTE DO MAR”.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.