Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Día da Muller traballadora: O perito son eu!

 Por Juan Ordóñez (3º ESO)

juan 1A propósito do Día da muller traballadora, día no que se conmemora a loita das mulleres pola igualdade cos homes; celébrase o oito de marzo dende 1910, por decisión da II Conferencia Internacional das Mulleres Socialistas, proposto por Clara Zetkin, unha política alemana feminista.
Rianxo é unha vila mariñeira, onde a muller ten unha importante labor no traballo do marisqueo a pé, xa que a gran maioría dos integrantes son mulleres. Un exemplo diso son as miñas tías Mari e Belén, que dende hai moitos anos traballan nese sector.A razón desta profesión é que dende moi antigo os homes dedicábanse á pesca indo sempre nas embarcacións, e as mulleres, aprobeitando as secas da marea, ian recoller o marisco para o autoconsumo, que logo se transformou nunha maneira de axudar á economía familiar, xa que ó depender das mareas, éralle fácil compaxinalo co traballo no fogar. Na nosa vila as mulleres que non teñen estudios teñen esta opción, que escolleron as miñas tías, ou senón podían buscar traballo nas fábricas conserveiras.

juan 2Pola contra, tanto miña nai coma miña tía Rosa, que estudiaron una carreira universitaria, actualmente traballan nunha oficina coma enxeñeiras.
Elas empeñaronse en traballar no que estudaron, e montaron o seu propio negocio. Miña nai sempre conta que cando ela estudou tivo dificultades con algúns mestres xa que era unha carreira de homes; ela é enxeñeira agrícola, “perito”, e antigamente só eran homes os que exercían este oficio; e cando empezou a traballar, moitos clientes preguntabanlle “cando ven o perito?”; o que ela respondia: “o perito son eu”.
En xerál ainda hai moito machismo na sociedade, pero as mulleres que se esforzan e loitan contra ese tópico poden chegar a conseguir os seus obxetivos, cambiando a forma de pensar da sociedade que as rodea.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.