Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Concurso: Explícoche Matemáticas 2.0

Dende o ano 2011 organízase o concurso Explícoche Matemáticas 2.0, un certame dirixido ao alumnado do sistema universitario galego, de Bacharelato, e de 3º e 4º da ESO co obxectivo de “promover a utilización do galego como medio de transmisión das Matemáticas, así como a creatividade do alumnado”. Está organizado pola Facultade de Matemáticas da USC en colaboración coa Fundación Barrié e o Servizo de Normalización Lingüística da USC, e consiste na gravación de curtametraxes de ao redor de dous minutos de duración nas que se explique en galego un concepto matemático.

  O prazo para enviar vídeos e participar na edición 2016 do certame vén de comezar e permanecerá aberta ata o vindeiro 22 de abril.

Vídeos gañadores doutros anos.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.