Por Irene Conde (3º ESO)
Conmemora a loita das mulleres pola súa participación, en pé da igualdade cos homes e na sociedade. Celébrase o 8 de marzo porque esta data coincide con dous grandes eventos nos que as mulleres traballadoras foron vítimas e protagonistas.
Un deles foi o movemento de protesta pola falta de alimentos, iniciada polas mulleres rusas o 8 de marzo de 1817.
O outro acontecemento foi o incendio intencional en Nova York da fábrica téxtil Cotton o 8 de marzo de 1908, no que resultaron calcinadas 146 obreiras, que ocupaban as instalacións en protesta polos baixos salarios e as inhumanas condicións nas que desempeñaban o seu labor.
Na miña familia hai varias mulleres traballadoras, entre ellas a miña avoa materna, que traballa nunha fábrica de conservas. Nesa fábrica traballan moitas máis mulleres que homes, os que cobran máis e fan traballos máis limpos, posto que ningún limpa peixe. Fan outros traballos como mecánicos e outros postos de maior responsabilidade. Pregúntome, por que non hai homes limpando peixe, non se presentan para o posto ou non os collen? Paréceme un traballo moi duro e pouco remunerado. A miña avoa traballa nunha das cintas nas que se limpa atún, empacan mexillóns ou vieiras…segundo o producto que estean traballando.
En cambio, a miña madriña traballa como celadora no hospital psiquiátrico de Santiago. Alí traballan tanto homes como mulleres, realizando o mesmo traballo e cobrando o mesmo. Paréceme un oficio máis xusto e menos duro.
Irene Conde Día da Muller Traballadora (PDF para descarga)
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]