Imaxe de cabeceira
Sabías que...
A Muller traballadora en Rianxo

Por  Antía Caamaño

Esta reportaxe céntrase na profesións das mulleres rianxeiras, fóra ou dentro do concello. Realiceina a propósito do Día da muller traballadora que se celebra o 8 de marzo conmemorando que en 1857 un grupo de mulleres de Nueva York decidiron saír á rúa a protestar polas súas condicións de traballo. A partir desa data foron moitas as mulleres que protestaron polos horarios, condicións e igualdades de traballo.

O mar

1Moitas das mulleres de Rianxo teñen traballos relacionados co mar. Mais ben son as mulleres de máis de corenta anos as que marisquean, venden peixe…
Nos oficios relacionados co mar, hai moita diferenza entre os homes e as mulleres dado que, rara vez se ve a un home mariscando ou a una muller indo á batea. aínda que a marioría non lles guste o seu traballo, e non todos os meses gañan o mesmo, téñeno que facer para poder dar de comer aos seus fillos.

 Normalmente son os homes os que saen a mariscar por mar e as mulleres as que quedan en terra.

A terra

Tamén hai moitas mulleres que se adican ao traballo da terra. Adoitan ser mulleres de cincuenta anos ou que xa están xubiladas; pero seguen traballando porque o levan facendo toda a vida. Moitas delas comezaron con menos de 15 anos a traballar na horta con súas nais, debido a que necesitaban alguén que as axudasen e non se podían permitir pagarlle a outra persoa.

Profesión fóra da vila

2Coma algunhas mulleres rianxeiras, Marisol non traballa en Rianxo. Ela sempre quixo estudar algo relacionado coa sanidade. Ao acabar o antigo COU decidiu formarse en Técnico especialista en anatomía patolóxica. Aos 21 anos terminou a carreira; pero en Rianxo non podía traballar diso e buscou traballo fóra.
Por sorte, só un ano máis trade abriuse o Centro de transfusión de sangue en Santiago, onde conseguiu unha praza fixa e actualmente está traballando.
Marisol non tivo ningún tipo de problema coas condicións de traballo ou desigualdade posto que, o seu oficio é un dos que menos diferenza os homes das mulleres.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.