Imaxe de cabeceira
Sabías que...
8 de marzo: homenaxe á miña nai traballadora

 Reportaxe de Antía Rodríguez, 08/03/2016

Cada ano, o 8 de marzo, rendémoslle un homenaxe ás mulleres traballadoras.

    O día da Muller Traballadora conmemora a loita da muller pola súa participación, en pé da igualdade co  home, na sociedade e no seu desenvolvemento íntegro  como persoa.

    Celébrase o 8 de marzo por  varios sucesos; un deles foi o movemento de protesta pola falta de alimentos iniciado polas mulleres rusas en 1917.  O outro acontecemento foi un  incendio en Nova York nunha fábrica téxtil en 1908, na cal  morreron calcinadas 146 obreiras.

Día da muller traballadoraMaría Costas Otero traballa de costureira nunha tenda de roupa en Taragoña. Escolleu ese oficio xa que lle quedaba preto da casa e ela non estudou ningunha carreira.

As condicións son boas; traballa oito horas diarias durante sete meses con un bo soldo. No seu traballo non existe a igualdade entre homes e mulleres xa que alí non hai varóns.

A maioría das mulleres novas da miña familia estudaron algunha carreira (pedagogas, arquitectas, piloto…) pero non todas atoparon traballo exercendo eses oficios,  e teñen que limpar casas,  traballar en fábricas etcétera.

Neses traballos non acostuma a haber homes, pero se houbese, existiría  igualdade de xénero.

 muller traballadora 2

En Rianxo réndeselle homenaxe ás mulleres mariscadoras con esa estatua; xa que maioría das mulleres desa vila se dedican ao marisqueo,  traballan en fábricas de peixe ou mesmo son bateeiras.

Pero hai algunhas que tamén traballan de costureiras, vendedoras, camareiras…




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.