Imaxe de cabeceira
Sabías que...
8 de marzo: Entrevista a unha traballadora

Hoxe, día 8 de marzo de 2016, coma cada ano, celébrase internacionalmente como o “Día da Muller Traballadora”, recoñecido pola ONU como unha xornada para reivindicar a igualdade e de facer balance sobre a situación das mulleres na sociedade.

Reportaxe de Carla Pedrouzo, 08/03/2016
Deste día tan especial como o 8 de marzo, quero resaltar que todas as mulleres do mundo, sen distinción de raza, sexo, cor ou nacionalidade, todas elas teñen os seus dereitos por iguais como persoas que son.
A continuación, vouvos falar un pouco sobre a muller con máis estudos realizados na miña familia, miña nai, María José Castro Alcalde, de 41 anos.

carla1ENTREVISTA A Mª JOSÉ CASTRO ALCALDE

C: -Que estudos realizaches ao longo da tua vida?
Mª: -Pois a verdade é que teño unha lista de estudos algo ampla. Son diplomada en relacións laborais, logo teño o título de puericultura e tamén cursei arredor duns 23 cursos relacionados co meu posto de traballo actual.

C: -Onde e cando comezaches a traballar?
Mª: -Comecei con 12 anos na empresa familiar na recolleita de pementos para axudar a miña nai cos meus gastos. Co diñeiro recadado, paguei as clases para sacar o carné de conducir.

C: -Cando sacaches o carné, que fixeches?
Mª: -Pois marchei a Santiago á universidade a facer a miña carreira e mentres tanto traballaba nun supermercado para gañar un pouco de diñeiro sen axuda de meus pais, pois nunca me gustou demasiado pedirlles cartos. No primeiro ano de carreira, ía ao hospital 3 días a semana sacar o título de puericultura e a facer as prácticas no mesmo.

C: -Unha vez finalizada a carreira, atopaches traballo axiña?
Mª: -Si, a verdade non tiven que esperar moito, unha vez acabei púxenme a buscar traballo e atopei un nunha axencia de seguros, pero durou aproximadamente 6 meses. A partir de aí, chamáronme dunha correduría de seguros e inmobiliaria na cal levo 18 anos.

C: -E á parte do teu traballo na axencia, adicaste a algo máis?
Mª: -Son ama de casa e coido da miña filla. Con todos os traballos que fago compaxino tamén a miña vida persoal, social e familiar.

C: -E ti que opinas sobre o día da muller traballadora?

Mª: -Pois a verdade atopo moi interesante e emocionante que as mulleres poidamos ter un día no que a xente de todo o mundo recoñeza todo o noso traballo e o moito que facemos para sacar ás nosas familias adiante e darlle un futuro mellor aos nosos fillos que despois de todo son a nova xeración e o futuro desta sociedade.

carla2




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.