Imaxe de cabeceira
Sabías que...
Rúas sen homenaxe ao franquismo

Por Abel Troáns Tubío

Nos últimos meses os distintos concellos estanse replanteando quitar os nomes das distintas rúas que fagan referencia á ditadura franquista e cambialas por outros nomes que resulten menos ofensivos para a xente que vive nas devanditas rúas.

Na época franquista, déronse nomes a distintas rúas de España de xente que destacaba polo seu labor no bando dereito durante a Guerra Civil e a posterior Ditadura. Na actualidade, estes nomes están sendo cambiados por outros de autores ilustres pero que non fan referencia a esta época. Hai uns meses que se comezou  con esta iniciativa en Madrid grazas ó comezo da lexislatura de  Ahora Madrid de Manuela Carmena, a cal quitou neste tempo o nome de 30 rúas.

A primeira referencia suprimida foi en Ferrol onde se quitou a figura do “Caudillo”. Xa máis preto no tempo, foi o goberno do PSOE e de Zapatero o que creou a Lei de Memoria Histórica e con isto decretouse eliminar os restos da ditadura franquista. Máis aquelas comunidades autónomas gobernadas polo partido da dereita interpretaron a lei da súa forma. De aí que o novo goberno do concello de Madrid decidise eliminalas todas.

Non se entende como un país que viviu nunha guerra civil e a ditadura dos golpistas , pode convivir, non só con referencias ó Réxime senón tamén cun patido legal que saiu do Réxime.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.