O pasado sábado 30 de xaneiro celebraronse en Rianxo os Actos Castelao, que conmemoraban os 130 anos do nacemento de Castelao. Coma todos os anos, houbo diferentes propostas para todos os públicos, como presentacións de libros ou, do que eu vou falar, unha representación teatral.
“Os vellos non deben de namorarse” representouse por primeira vez con títeres de man de Fantoches Baj. Todos sabemos que se narra nesta obra de Castelao, pero por se hai algún despistado, conta a través de tres vellos e os seus amoríos con rapazas novas (que só buscan aproveitarse do seu diñeiro) porque os vellos non deben de namorarse.
Trátase dunha gran producción, xa que inclúe corenta títeres , que seguían os deseños feitos por Castelao para cada personaxe, dez decorados e doce pezas musicais entre as que se atopan tres con partitura orixinal de Castelao.
Ao rematar a obra poidemos ver os decorados e os títeres, que dende cerca son aínda maís espectaculares. Ademais, a manipulación dos títeres é de gran dificultade, xa
que como puidemos comprobar, pesan bastante e son moi delicados.
Foi unha forma de representar esta obra que nunca viramos antes e , persoalmente, creo que foi un acerto realizala con títeres e combinar o gran texto de Castelao, coa música, os decorados e o talento e dedicación de Fantoches Baj.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]