Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Lingua de namorar! Participa e podes gañar premios importantes
Está en marcha unha nova edición do concurso en liña de mensaxes de amor en lingua galega Lingua de namorar. Dirixido a mozos e mozas de 14 a 35 anos e xurdido da iniciativa da Secretaría Xeral de Política Lingüística e da Dirección Xeral de Xuventude e Voluntariado, o seu obxectivo éanimar ao uso da lingua galega entre a xente nova para as súas relacións interpersoais, tamén cando se desenvolven a través das tecnoloxías da información e da comunicación.

Tes de prazo ata o 28 de febreiro para presentar as túas mensaxes. A partir de aí, abrirase un novo prazo para as votacións, pois as mensaxes gañadoras escolleranse entre as 50 máis votadas.

Se tes entre 14 e 35 anos, consulta as bases de Lingua de namorar, rexístrate cubrindo o formulario de inscrición e anímate a participar. Repara nos premios que podes gañar:

Categoría A (de 14 a 19 anos):

  • Primeiro premio. Smartphone ZTE, 16 GB
  • Segundo premio. Drone AIRIS con cámara de vídeo VGA, xiro 360º, iluminación LED
  • Terceiro premio. Torre de son Blutooth, 60 W RMS, Mp3

Categoría B (de 20 a 35 anos):

  • Primeiro premio. Cámara réflex Canon EOS 1200D, 18 Mpx
  • Segundo premio. Smartwatch SP Gold
  • Terceiro premio. Disco duro externo Toshiba 1 Tb

Tes de prazo ata o 28 de febreiro para presentar as túas mensaxes. A partir desa data, abrirase un novo prazo para votardes polas vosas mensaxes favoritas. As seis gañadoras escolleranse entre as 50 máis votadas.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.