Imaxe de cabeceira
PROXECTOS DO EQUIPO
Ano das Artes para Castelao no Félix Muriel

Cast. pintando azulexos

Por Isaac Iglesias (1º Bac.)

O alumnado do IES decora o centro con diversas e orixinais iniciativas como homenaxe ao ilustre rianxeiro no aniversario do seu nacemento.

O presidente da Real Academia Galega de Belas Artes, Manuel Quintana Martelo, e mais o académico Miguel Fernández-Cid van visitar o centro o próximo luns 1 de febreiro para ver a exposición.

IMG_20160125_124743

Un ano máis o IES Félix Muriel réndelle homenaxe a Castelao no aniversario do seu nacemento, mais  este ano de xeito especial para sumarse á homenaxe que Real Academia promove ao dedicarlle o Ano das Artes 2016 ao polifacético autor rianxeiro para divulgar e  promover a súa obra gráfica e pictórica.

IMG_20160125_123430

alumnado do Félix Muriel, coordinado polo profesorado do Equipo de Normalización e Dinamización da Lingua Galega,  desenvolveu ao longo das dúas últimas semanas diferentes tarefas arredor do seu ilustre veciño.

O alumnado de primeiro de Bacharelato decorou azulexos do centro educativo con algúns dos gravados máis importantes do artista, ademais IMG_20160122_123823de colaborar na montaxe dunha exposición arredor dos Álbums de guerra e do Álbum Nós. Durante un par de tardes e varios recreos, un grupo importante de alumnos e alumnas estiveron debuxando á man nos azulexos para logo reproducilos con rotulador permanente. Este labor resultou do agrado dalgúns dos membros da Academia das Artes que decidiron visitarnos para dar conta persoalmente dos resultados.

Cast. pintando2

O alumnado de 2º de Bacharelato reproduciu o escudo deseñado por Castelao, así como os seus simbólicos sombreiro, lentes e cigarro, para penduralos na entrada do centro en dous cadros . Ademais  elaboraron un mural coa mesma simboloxía.

IMG_20160127_103455Tamén participaron nestas actividades os máis pequenos da ESO, levando os relatos de Retrincos á linguaxe do cómic.

Ao longo desta semana, o alumnado encargado de divulgar música en galego durante os tempos de lecer, encargouse de emitir pezas musicais relacionadas co autor.

IMG_20160127_090939

Para finalizar a Semana Castelao, este venres 29 de xaneiro, o ENDLG do centro repartiu entre toda a comunidade educativa pensamentos do autor, espetados en plantas do mesmo nome.

 




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.