4º da ESO e parte de 1º de Bacharelato, puidemos disfrutar dunha videoconferencia organizada pola CGENDL e impartida por Xurxo Mariño Alonso, neurocientífico que estuda a máquina máis importante do universo, o sistema nervioso e, en especial o cerebro.
Ademais de poderdes ver toda a charla nesta gravación que acompañamos, tamén vos deixo algún apuntamento que vos poden servir para animarvos a escoitala toda:
Foi moi interesante como explicou que o funcionamento do cerebro se produce mediante estímulos eléctricos. A mente é autoconsciente, sabemos da nosa existencia. Seica no sono profundo é como se desaparecésemos, xa que o noso cerebro segue funcionando pero a mente non existe.
Resultoume moi curioso que os humanos teñamos capacidade de transmitir información dunha mente a outra, algo que non poden facer os animais. Nós creamos palabras coas neuronas que, á vez, moven os músculos da boca e mandan tensar as cordas vocais. Logo outras neuronas descodifican esas vibracións.
A reflexión de que os seres humanos pensamos con palabras e que a existencia de distintas linguas se corresponde con distintas mentes nunca a fixera. Cada lingua forma un universo mental distinto e a lingua perfila a conciencia.
A continuación quedan anotadas algunhas preguntas que se lle fixeron desde os centros e que estivo contestando, o resto continuou co twiter:
¿Por que soñamos ? Non se sabe, pero soñar sérvenos para afianzar a memoria, rexerar proteinas e eliminar substancias.
¿A mente existe nos soños?
Si, pero só unha mente desorganizada que so hai nas ensoñacions
¿Que neuronas morren no parkinson?
Morren neuronas relacionadas co movemento dos músculos.
¿Cal é a actividade cerebral dos sonámbulos??
Aínda non se sabe, xa que o sonambulismo prodúcese na etapa de soño profundo.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]