1º- A figura do Papá Noel que coñecemos deriva dun San Nicolás que naceu no século IV, en Turquía.
2º- San Nicolás foi un santo moi popular, moi xeneroso cos probes, que faleceu o 6 de decembro . Como a data do santo se achegaba á do Nadal, decidiuse que San Nicolás sería unha figura excelente para repartir agasallos e lambetadas aos nenos o día de Nadal.
3º- Aínda que a lenda de Papá Noel sexa antiga e complexa, e proceda en gran parte de San Nicolás, a imaxe familiar de Santa Claus, co trineo, os renos, e as bolsas con agasallos é unha
invención estadounidense. Tamén o é a vestimenta, moi diferente da que caracterizaba a San Nicolás. En 1931 unha marca de gasosas encargou a un caricaturista que debuxase un Papá Noel para a súa campaña do Nadal e vestiuno de vermello, con cinto e botas negras. Así quedou no imaxinario popular e xamais foi cambiado, aínda que San Nicolás vestise a Papá Noel de verde.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]