Imaxe de cabeceira
Fomento da lectura
Reflexión a propósito da morte de Neira Vilas

por Sara Tubío Rial (3º ESO A)

 

memorias2Hai unhas semanas, escoitei na radio a noticia da morte de Xosé Neira Vilas, autor da tan famosa obra: “Memorias dun neno labrego”, a cal lin este trimestre. Sorprendeume porque pensei que xa levaría décadas morto, igual ca a historia dun Balbino que eu pensei que era dun pasado moi lonxano. A sorpresa foi cando -falando con meu pai do tema- descubrín que el tivera unha infancia parecida á de Balbino!

Tiña moi boas referencias destaobra, coñezo a moita xente que a leu e lle gustou moito e por iso a escollín. Gustoume  bastante a lectura, pero dábame pena o pobre Balbino: vestido farrapento, sen diñeiro, dependente dun Señor, tendo que gardar case tres anos o loito …

Tamén me pareceu bastante sorprendente o tema do “Rebusque” (ir o día despois dunha romaría, xusto ao

amencer, buscar obxectos que puideron ser esquecidos a noite anterior), non sabía que existía; e ler a felicidade que sentía Balbino por poder levar a cabo esta acción deume tamén moita pena, xa que agora aínda hai xente que non ten cubertas as súas necesidades básicas e moita outra á que non lle falta de nada.

neiravilasA noticia da morte de Neira Vilas sorprendeume. Tiña 80 anos pero eu pensaba que xa estaba morto, pois a súa obra relata unha forma de vida que, dende o meu punto de vista, semella moi lonxana. Máis os feitos que se relatan non ocorreron fai tanto. Meu pai chegou a vivir dese xeito: co carro das vacas, cunha soa peza de roupa para ir á misa e para os días de festa, etc. Sempre me conta historias de cando el era un rapaz e que ca miña idade ir ao colexio era case un privilexio, tiña moitos amigos que non podían permitise ese luxo, e ademais ao saír tiñan que ir ás leiras traballar. Cando penso niso vexo o afortunada que son, non me falta comida que levarme á boca, nin roupa que vestir, incluso teño máis do que preciso.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.