Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Mathew, o políglota que aprende galego. Alofonía e poliglotismo.

32b-babel bruegel

Foron suficientes menos de 5 min de proxección do video“As voces de  Babbel | Políglota falando 9 idiomas”para poñer de manifesto a gran importancia de falar máis dunha lingua, así comoa ultilidade de falar linguas diferentes  á materna.

Na sociedade actual, en xeral, existe  un gran número de persoas aprendendo  linguas diferentes á sua lingua materna. Na maior parte dos casos, trátase de linguas verdadeiramente dominantes como o español ou o inglés, causantes do abandono de linguas minorizadas como é o caso do galego. Moitos dos políglotas que falan numerosas linguas, deciden aprendelas segundo unha serie de prexuízos como é o seu número de falantes.

Matthew, un políglota-sociolingüista, fala máis de 9 linguas diferentes e entre as novas que está aprendendo atópase o galego. Así mesmo, nun principio, tamén quixo aprender portugués pero a súa propia nai insistiu en que aprendera o castelán en lugar do portugués xa que tiña máis número de falantes. Coido que parece mentira que un sociolingüísta coma Matthew poida considerar semellante argumento aceptable xa que carece de sentido común. Estes prexuízos estamos habituados a escoitalos na sociedade, polo que aínda hoxe en día non os conseguimos erradicar. Así pois, a pesar de que moita xente despreza a nosa lingua, atopámonos con persoas como Matthew que a falan e aprenden sen ningunha obriga e que demostran que o galego sí que é útil.

Non só o galego é falado por algunhas persoas políglotas senón que ao longo da historia foron moitos os autores foráneos que empregaron o galego nas súas composicións, substituíndo o galego pola súa lingua materna e contribuíndo á literatura galega como é o caso dos poemas de Anne Marie Morris e os libros de Ursula Heinze, ata novelas como As frechas de ouro , de John Rutheford. Estes autores alófonos foron cautivados pola lingua galega e chegando ater relacións intensas e perdurables coa nosa lingua.

Considero que a alofonía é un síntoma de normalidade lingüística e, polo tanto, encamiña a nosa literatura cara á súa normalización. Pois, como dixo Castelao, “se aínda somos galegos é pola obra e gracia da nosa lingua”, que, como vemos, consegue cativar mesmo a autores e autoras foráneos.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.