Por Paula Rodríguez Gago (2º Bac. B)
Ó longo do libro vanse intercalando distintas historias.
Por unha banda relátanse os informes médicos psiquiátricos dun home que apareceu ferido no acantilado sen saber quen é, así como a súa evolución. E por outra banda aparecen as cartas de Ana dirixidas a Fran nas cales Ana conta como despois da morte do enfermo ela vai descubrindo quen é, como morreu e se en realidade estaba tolo ou non. Ana cóntalle esto a Fran porque el foi o médico que o antendeu moitos anos atrás. Nesas cartas Ana manda os poemas ou documentos que atopa pertencentes ao interno. Ana non entende o que le, pois aparecen poemas sen sentido, capítulos como se foran dun libro chamado Hora Zulú e pouco a pouco vai descubrindo o que en realidade aconteceu. O descubre a través das entrevistas con os distintos internos que coñecían ao morto e nas avaliacións psiquiátricas que se recollen no informe psiquiátrico.
A medida que o lector vai lendo vai entendendo o que en realidade acontece: o home era o líder do grupo FUMIFUGIUM. O resto do grupo aparece nas distintas historias de “Hora Zulú” o cal, polo que eu entendín, foi escrito para que o mundo coñecera todo o que aconteceu aquel 31 de decembro, día que o home quere esquecer pois séntese culpable. Este grupo quería cambiar o mundo e decidiron parar o reloxo europeo de París o día 31 para demostrar a todo o mundo o que eles fan, loitar polas inxustizas. Pero o plan non saiu como esperaban. A encargada de parar o reloxo morreu nunha explosión e como o líder e o que a insitou a facelo foi o interno, despois da explosión intenta suicidarse pero non o consegue e cando desperta non recorda nada.
É un libro moi curioso no cal se intercalan todas as historias dunha maneira increíble, o autor salta do pasado ao presente sen que o lector o note. Ao principio é desconcertante ata que finalmente entendes o método do autor para envaucar. Con respecto á historia en si creo que é moi orixinal porque fai que o lector pense en como todo o que nos rodea está medido por algo que foi inventado por nós, o tempo, e que en realidade é simplemente unha convención adoptada por todo o mundo e sen embargo é capaz de dirixir as nosas vidas sen que nos demos conta.Paula Rodríguez.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]