Imaxe de cabeceira
O IES rebole
Excursión a Santiago de Compostela

EXPOSICION LUZ (2)O pasado venres 6 de novembro, os alumnos de 4º ESO do IES Félix Muriel fomos ata Santiago de Compostela co obxectivo de conmemorar un ano máis o “Día da Ciencia en Galego”, neste caso, relacionado coas tecnoloxías da luz.

Tras rematar o segundo recreo (as 10:30), dirixímonos ao autobús e emprendemos camiño a terras santiaguesas. Tan pronto chegamos, percorremos o casco vello e fomos  presenciar unha actividade científica. Na miña opinión, dita actividade foi moi entretida, xa que nos ensinaron, mediante probas, distintos conceptos como a reflexión da luz, a refracción ou mesmo a existencia do arco da vella.

EXPOSICION LUZ (5)

A través dunhas gafas puidemos ver imaxes en 3d e, unha das cousas que máis me gustou foi que, por medio da utilización duns cristais semellaba que podías alcanzar unha rá de xoguete, cando na realidade estaba a bastante profundidade.

EXPOSICION LUZ (1)Así mesmo, sorprendémonos cos efectos da fibra óptica e intentamos realizar un rectángulo coas súas dúas diagonais mirando para o reflexo do papel nun espello (o que a min persoalmente pareceume moito máis difícil do que nun principio esperaba). Finalmente, un mozo ensinounos o funcionamento duns robots que estaban programados para seguir unha liña negra ou mesmo para diferenciar certas cores.

EXPOSICIÓN LUZ6

   EXPOSICIÓN LUZ3

EXPOSICIÓN LUZ2

EXPOSICIÓN LUZ4

Tras rematar a exposición fomos comer e, como chovía dirixímonos ao centro comercial “As Cancelas”.

EXPOSICIÓN LUZ5Pola tarde, regresamos ao centro de Santiago onde visitamos un museo de arte e as terras que estaban ao seu redor.

EXPOSICIÓN LUZ7

Deseguido, achegámonos de novo a zona vella, onde o profesor Carlos Cimadevila nos explicou parte da historia de Santiago e das súas rúas, entre as que se encontraban “sal si puedes” ou o “carallo”.

EXPOSICION LUZ (3)

EXPOSICION LUZ (6)

Visitamos a facultade de historia e estivemos diante da antiga Sociedade de Amigos do Pais de Santiago, así como de numerosas Igrexas.

Finalmente, regresamos ao autobús e collemos rumbo Rianxo.

Persoalmente, pasei un moi bo rato durante a excursión e creo que foi moi interesante.

Paula Cambeses. 4 ESOA




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.