Imaxe de cabeceira
O curruncho de artistas / Creador@s
De alma grande… por D. Xesús Costa

DSC_0124

Temos a honra de poder publicar un poema do ex-profesor deste centro Xesús Costa Rodil. E non vai ser o único… estade atentos e atentas!

Grazas Donxe!

De alma grande!

De alma grande é o teu sentir, humano,

de manar pranto aberto, sen vergoña,

cando dor roe a aoma doutro humano,

cando os varas da desgraza nos azoutan.

De alma grande, soñadores de utopíasm,

seixo e flor as persoas que se afanan

pola sorrisa dos nenos pegureiros,

polos meniños famentos nos seus campos.

 

De alma grande son os vates inspirados

das musas que cantan seus namoros

e nos amosan nubes feiticeiras

e nos ofrendan ventos garimosos.

 

De alma grande, aberto ao mundo

ti, que soñas un malñá, humanidade

en fraternal compaña de alboradas,

florecentes de sentires solidarios.

De alma grande seran as ilusións

de humanos novos mundos que nos unan

ao rosel dos que con amor forxan arados

e sucan, denodados, nas terras de xustiza.

Rianxo, cobiza primavera, 2008




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.