Imaxe de cabeceira
Actualidade nos medios
Gonzalo Hermo, gañador do Premio Nacional de Poesía Xove

creadores - 0001Vimos de saber que o ex-alumno deste instituto, Gonzalo Hermo, gañou o Premio de Poesía Xove “Miguel Hernández” 2015. Este poeta nacido en Taragoña estudou Filoloxía Galega na Universidade de Santiago”SC”. Acabou os estudos en 2010 pola Universidade de Santiago de Compostela, actualmente traballa no Instituto da Lingua Galega, onde prepara a súa tese de doutoramento en onomástia e documentación mediaval.

En 2010 gaña o primeiro premio na modalidade de poesía do certamen Xuventude Crea, convocado pola  Xunta de Galicia, co poemario Crac en 2011 edita Barbantesa.

En 2014 publica na Editoria Apiario o poemario Celebración que foi co que galou este premio. Sorprendeu ao xurado pola súa ” linguaxe arriscada e innovadora”. Un libro que trata ” da memoria e olvido ,sobre a necesidade de contruir sobre as ruinas, de romper o círculo e avanzar a pesar de todo”

O Xurado estivo  presidido por Mónica Fernández, subdirectora xeral de Promoción do Libro, a Lectura e as Letras Españolas, estivo composto polos autores galardonas en 2015 e 2013, Carlos Loreiro e  Unai Velasco; Juan Gil Fernández, designado pola Real Academia Española; Xosé Luís Regueira Fernández, pola Real Academia Gallega; Amaia Jaureguizar, pola Real Academia de la Lengua Vasca; Susanna Rafart, polo Instituto de Estudos Cataláns; Xandru Fernández, pola Conferencia de Rectores das  Universidades Españolas (CRUE); Guadalupe Grande, pola Asociación Colegial de Escritores de España (ACE); Julia Barella, pola Asociación Española de Críticos Literarios; Juan Carlos Fernández Aganzo, pola Federación de Asociaciones de Periodistas de España (FAPE); Dídac Llorens Cubedo, polo Centro de Estudios de Xénero de la UNED; e Ignacio Elguero, polo ministerio de Educación, Cultura e Deporte.




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.