Imaxe de cabeceira
Nós, normalizando
Presentando RianxoFala pola vila

revista06reduFoi este pasado mércores, 17 de xuño, cando nos botamos á rúa cos cartaces na man para ir explicar pola vila o noso proxecto. Había mercado e Rianxo estaba cheo de xente. En Farmacias, herboristerías, salóns de peiteado, bares, bancos… entramos e contámoslles que no IES estiveramos desenvolvendo un proxecto chamado RianxoFAla. Contámoslles de que ía e falabamos máis en concreto dunha das actividades: a de toponimia.

(Máis fotos)

Despois de contarllo deixabamos un par de  cartaces pegados nos locais que tiñan espazo para iso e mais deixabamos adhesivos para que repartisen entre a clientela. Tamén lle deixabamos uns folletos coa toponimia do concello, mais estes non nos chegaron para todo.

Foi unha experiencia moi boa e moi exitosa… Agora a contar as novas visitas que ten a nosa páxina!




Só poden engadir comentarios os usuarios autorizados.
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]

*
Nesta WEB utilizamos as imaxes con finalidade educativa. Se algunha delas estivera suxeita a dereitos de autor,
rogamos que vos poñades en contacto connosco para retirala de inmediato.