Se botades un ollo a esta revista veredes moitos artigos asinados por Sarela Betanzos, tanto deste curso coma dos anteriores, é que Sarela foi unha das nosas máis activas colaboradoras no ENDL durante a súa estancia no IES, cun pequeno lapsus durante o curso pasado cando cursou 1º de BAC nos EEUU.
Sarela tirou matrícula de honra este curso, pero non é esa exactamente a noticia que queremos resaltar aquí, senón a pegada normalizadora que transmite e da que nos sentimos moi orgullosos e orgullosas.
A pasada fin de semana La Voz, na edición do Barbanza, fixo unha reportaxe sobre as matrículas de honra da comarca. Entrevistaron a Sarela xunto a outros tres adolescentes e, ademais de mostraren a súa intelixencia nas respostas e a súa ética no compromiso co ensino público, Sarela deixou claro o seu compromiso coa nosa lingua. O xornalista escribiu ao presentala:
“Puxo como condición para aparecer na entrevista que o texto fose en galego, xa que cre que a lingua é un ben que non se debe perder”
Todo o ENDL sentimos moito orgullo cando lemos estas declaracións. Parabéns Sarela e moita sorte!
Se queres participar sigue as intruccións da seguinte ligazón... [Abonarse]